View Calendar
11/11/2021 19:30 - 20:30

Conferencia de Xabier Pérez Couto: «Catálogos e bases de datos astronómicos»

Casa das Ciencias
Phone:981189 844
Address: Parque de Santa Margarita, A Coruña

Conferencia a cargo de Xabier Pérez Couto, matemático e divulgador que mantén o canal de Youtube sobre astronomía “AstroXabi” e socio da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Nesta conferencia falará da orixe e evolución dos diferentes catálogos astronómicos ao longo da historia, os cales constitúen unha das primeiras publicacións científicas da antigüidade.

Entrada gratuíta e por orde de chegada para o público xeral. Obrigatorio o uso de máscara.

Related upcoming events

  • 20/06/2026 11:00 - 20/06/2026 13:30

    Nesta sesión de divulgación achegarémonos á astronomía dun xeito claro e accesible, pensada para persoas sen coñecementos previos que queiran comezar a descubrir o ceo.

    Organiza: Asociación Cultural Adro de Vilaño

    Colabora: GT Divulgación e Proxectos da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío

  • 10/07/2026 19:00 - 10/07/2026 20:00

    Charla divulgativa dirixida ao público adulto, o venres 10 de xullo ás 19:00 horas. A sesión abordará as características e singularidades da eclipse solar prevista para o 12 de agosto de 2026. Inscrición web desde o 3 de xullo ás 10:00 h.