Encontro de Comunicaçao de Ciência dos Açores. Participou nel o noso socio Martin Pawley con dous relatorios, “A comunicación da ciencia e o cinema” e “O impacto da polución luminosa”. Organiza: Universidade dos Açores (Ponta Delgada).
ArchivesXornadas científicas e culturais
Proxección do documental “Northern Nights, Starry Skies”
Presentación do IV Encontro da Noite e proxección do documental “Northern Nights, Starry Skies”, creado por Travis Novitsky, fotógrafo nativo americano, membro da nación Anishinaabe. O filme expón o impacto da contaminación luminosa sobre a saúde, o medio ambiente e o patrimonio cultural e pon en valor a importancia da preservación da noite.
A Coruña viaxa a África co planetario da Casa das Ciencias
Xornada de convivencia coa comunidade migrante africana de A Coruña que inclúe sesión de planetario e visita á Casa das Ciencias, en colaboración con EcoDesarrollo Gaia.
23-F, día de Rosalía: un día con estrela
O 23 de febreiro é o Día de Rosalía, un día con estrela. Podes descargar aquí o póster en PDF que deseñou Marta Cortacans para a Agrupación Ío para imprimilo e difundir así esta efeméride que une as letras e as ciencias: Póster 23-F Día de Rosalía – Un día con estrela (137 KB)
Se formas parte dun centro educativo ou cultural, biblioteca, museo ou similar, e precisas unha copia en papel do póster (tamaño A3), escríbenos ao correo info [at] agrupacionio.com.
Festival de inverno en solidariedade coas familias refuxiadas afgás
Xornada de actividades no Circo de Artesáns (rúa de Santo André 36, A Coruña) en solidariedade coas familias afgás acollidas en Sobrado dos Monxes pola asociación de mulleres rurais A Maristela. Podes ler máis información sobre o seu caso aquí.