ArchivesXornadas científicas e culturais

VI Encontro da Noite: John Barentine

“A protección do espazo”, conferencia do astrónomo e divulgador estadounidense John C. Barentine sobre o Center for Space Environmentalism e os seus obxectivos de protección do medio espacial contra as diversas ameazas presentes e futuras: superpoboación de obxectos en órbita, lixo espacial, impacto ambiental da astronáutica, usos comerciais do espacio e límites éticos á exploración doutros mundos.
Debido ao peche do parque por temporal a charla celebrarase na DOMUS (Rúa Ángel Rebollo, 91, 15002 A Coruña).

VI Encontro da Noite: Joaquim Sempere e María de los Ángeles Rol de Lama

18:00 Presentación e coloquio do libro “La Tierra exhausta. Conversaciones sobre crecimientos y colapsos” de Joaquim Sempere, Conversa moderada polo xornalista especializado en temas ambientais Juan F. Samaniego.

19h. Conferencia da cronobióloga da Universidad de Murcia Marián Rol de Lama: “Cuando encender la noche perjudica la salud”. Charla sobre como a luz artificial pola noite afecta a saúde das persoas.

Encontro cultural saharauí-galego

Co gallo do 20 de xuño, Día Mundial das Persoas Refuxiadas, organizamos un encontro cultural saharauí-galego baixo o título “Sáhara Occidental: non des a esquecemento” en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Comunidade Saharauí en Galiza. Arredor do té, como é costume no Sáhara, iranse sucedendo as intervencións da astrofísica Andrea Rodríguez Antón (INCIPIT e Proxecto Amanar), que falará da astronomía cultural saharauí, e de Suado Brahim Salem e Baba Mohamed Lamin Ali (Comunidade Saharauí en Galiza), que nos achegarán a cultura e o modo de vida do pobo saharauí.

IX Xornada de Onomástica: os outros nomes

Na “IX Xornada de Onomástica: os outros nomes”, organizada pola Real Academia Galega, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío está representada polo noso socio Martin Pawley, que impartirá unha palestra co título “Os nomes do ceo”, sobre o traballo de normalización en galego da terminoloxía astronómica. A xornada poderá seguirse en liña en directo a través desta ligazón.