
Exposición “O PAÍS DO PRÁCIDO LUAR”
Dispoñible do 10 de xullo ao 31 de agosto na Biblioteca Municipal da Sagrada Familia. A mostra explora a presenza do ceo e da astronomía na creación literaria galega.

Exposición “O PAÍS DO PRÁCIDO LUAR”
Dispoñible do 10 de xullo ao 31 de agosto na Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano. A mostra explora a presenza do ceo e da astronomía na creación literaria galega.

Exposición “ECLIPSE TOTAL DE SOL"

Baixo a sombra da lúa: eclipse de sol
A exposición “Baixo a sombra da lúa: eclipse de sol” deseñada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío está exposta na biblioteca do Centro Cívico da Sagrada Familia.

Baixo a sombra da lúa: eclipse de sol
A exposición “Baixo a sombra da lúa: eclipse de sol” deseñada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío está exposta na biblioteca do Fórum Metropolitano.

Baixo a sombra da lúa: eclipse de sol
A exposición “Baixo a sombra da lúa: eclipse de sol” deseñada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío está exposta no Aquarium Finisterrae.

Baixo a sombra da lúa: eclipse de sol
A exposición “Baixo a sombra da lúa: eclipse de sol” deseñada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío está exposta na sala Iberia do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.
Recorda que o día 12 de agosto, o MUNCYT da Coruña sumouse a iniciativa pechado por eclipse, polo que adaptou o seu horario e ese día pechará ás 15h.

Obradoiro de caixas estenopeicas no MUNCYT
Que? Obradoiro de caixas estenopeicas, unha actividade para aprender a observar o Sol de forma segura durante a eclipse do 12 de agosto. As persoas participantes construirán unha caixa estenopeica, un dispositivo sinxelo que permite proxectar a imaxe do Sol sen miralo directamente.
Onde? No MUNCYT Coruña, Praza do Museo Nacional de Ciencia, 1, A Coruña.
Cando? Mércores, 15 de xullo de 2026. Haberá dúas sesións: ás 16:00 h para público familiar, de 3 a 7 anos, e ás 18:00 h para público xeral, a partir de 8 anos.
Como? Actividade gratuíta con reserva previa ou en taquilla. Inclúe unha introdución ás eclipses solares, recomendacións básicas de seguridade e a construción dunha caixa estenopeica que cada participante poderá levar para usar o día da eclipse.