XI Noite Efervescente
Que: festa da ciencia inclusiva con observación pública do ceo, radio, dramatización sonora e petiscos organizada polo programa “Efervescencia” da Radio Galega, que conduce Manuel Vicente. Actividade aberta a todas as persoas. A Agrupación Ío vén colaborando con esta iniciativa dende a súa primeira edición.
Onde: na Casa de Rosalía en Padrón.
Cando: venres 9 de xuño de 21:30 a 00:30.