Observación nocturna de avelaíñas

Observación nocturna de avelaíñas

Que: as avelaíñas voan orientadas pola luz da Lúa e aproveitan a noite para dispersarse, alimentarse e buscar a súa parella. As luces artificiais aseméllanse á luz da Lúa e por iso as avelaíñas buscan nelas un lugar ideal con moitas flores e moitas posíbeis parellas, mais soamente é unha ilusión. Así, noite tras noite, as avelaíñas buscan sen descanso nas luces das nosas rúas e casas un lugar perfecto que nunca atopan. Nesta actividade, guiada polo Grupo Naturalista Hábitat, empregaremos estas luces sobre unha saba branca para atraer e amosar a gran diversidade de lepidópteros que podemos atopar polas noites e da importancia da colocación de luces que produzan menos impacto sobre a fauna nas nosas cidades.

Cando: sábado 20 de maio ás 22:00.

Onde: na contorna da Torre de Hércules.

Como: as prazas son limitadas polo que é imprescindíbel inscribirse a través deste formulario que se abrirá o xoves 18 de maio ás 10:00 (até entón o formulario aparecerá pechado).