Sesión de cinema na Filmoteca de Galicia

Sesión de cinema na Filmoteca de Galicia

Que: proxección na Filmoteca de Galicia de dous filmes dos artistas e cineastas James Benning e Sharon Lockhart, os dous con elementos astronómicos. “L. Cohen” (James Benning, 2016) rexistra a eclipse de Sol total de 2017 dende unha granxa en Oregón, EEUU. “Eventide” (Sharon Lockhart, 2022) amosa o movemento dun grupo de persoas nunha praia de Suecia mentres avanza a escuridade da noite e o ceo se poboa de estrelas. A sesión será presentada polo socio da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e crítico de cinema Martin Pawley.

Onde: na Filmoteca de Galicia (Durán Loriga, 10, A Coruña).

Cando: sábado 3 de febreiro ás 18:00.