Proxección do documental “Refugio en las estrellas”
Que: proxección do documental “Refugio en las estrellas”, sobre a causa do pobo saharauí e as actividades de divulgación de astronomía desenvolvidas nos campos de refuxiados no marco do proxecto Amanar – GalileoMobile. Haberá presentación e coloquio coa participación de Jorge Rivero (ICE-CSIC) e Andrea Rodríguez Antón (INCIPIT-CSIC), así coma o investigador e tradutor saharauí Lahsen Selki Sidi Buna, director do Museo Nacional do Pobo Saharauí na wilaya de Smara, un dos campos de refuxiados de Alxeria. Entrada libre até completar capacidade. Co apoio do Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses.
Onde: na sala Leonardo da Vinci da Domus (Rúa Ángel Rebollo, 91, A Coruña).
Cando: martes 30 de xullo ás 19:30.