IV Encontro da Noite
Que: xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, preservación da escuridade natural nocturna e posta en valor do patrimonio ambiental e cultural da noite.
Cando: sábado 20 de maio en sesións de mañá e tarde.
Onde: Sala Leonardo da Vinci, Domus (A Coruña).
Programa:
11:00 “Non vaias cara a luz, cincenta. O impacto da contaminación lumínica nas aves mariñas”. Sergio París Gómez, ornitólogo, técnico e educador ambiental do CEIDA.
12:00 “Criaturas nocturnas: el origen ancestral de nuestra fascinación por los búhos”. Juan José Negro, Profesor de Investigación do CSIC na Estación Biolóxica de Doñana.
13:00 “As letras da noite”. María Xesús Fernández, experta en literatura infantil e xuvenil, mestra xubilada, crítica literaria e tradutora.
17:15 “A noite no meu imaxinario”. Xosé Cobas, pintor e ilustrador.
18:15 Presentación do libro “Que nada te quite el sueño”. María Ángeles Bonmatí, investigadora postdoutoral de CIBERFES no Laboratorio de Cronobioloxía da Universidad de Murcia.
19:15 “Poética do firmamento”. Rui Lage, escritor e deputado na Assembleia da República.
22:00 Paseo para observar insectos nocturnos co Grupo Naturalista Hábitat. Actividade con prazas limitadas e inscrición obrigatoria. Máis información, aquí.
Tedes información ampliada sobre o IV Encontro da Noite no noso blog.