Que: Co gallo do 20 de xuño, Día Mundial das Persoas Refuxiadas, organizamos un encontro cultural saharauí-galego baixo o título “Sáhara Occidental: non des a esquecemento” en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Comunidade Saharauí en Galiza. Arredor do té, como é costume no Sáhara, iranse sucedendo as intervencións da astrofísica Andrea Rodríguez Antón (INCIPIT e Proxecto Amanar), que falará da astronomía cultural saharauí, e de Suado Brahim Salem e Baba Mohamed Lamin Ali (Comunidade Saharauí en Galiza), que nos achegarán a cultura e o modo de vida do pobo saharauí. Ademais, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío presentará un panel informativo sobre o Sáhara Occidental e a cultura do ceo no Sáhara que ficará a disposición das entidades e centros culturais que o desexen expoñer. Esta acción conta co apoio do Concello da Coruña a través dos Museos Científicos Coruñeses.
Como: entrada libre até completar a capacidade do recinto.
Cando: venres 20 de xuño ás 19:30.
Onde: no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rúa de Santo André, 36 – 1º; edificio do Circo de Artesáns).