Cullerciencia 2022

Cullerciencia 2022

Que: feira científica organizada polo club de ciencia do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo. Co patrocinio principal e a colaboración do Concello de Culleredo, na feira participarán centros de Infantil, Primaria e Secundaria, Universidade así como diversas entidades de ciencia que encherán de contido unha xornada lúdica de divulgación. Haberá tamén diferentes obradoiros e charlas de ciencia. A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío participará cun posto propio durante toda a xornada.

Onde: no Paseo Marítimo de O Burgo (Culleredo)

Cando: sábado 18 de xuño, de 11:00 a 20:00