Charla-obradoiro e observación astronómica no MUNCYT da Coruña

Charla-obradoiro e observación astronómica no MUNCYT da Coruña

Título da charla: Navegación astronómica: as estrelas como guía

Conferenciante: Xabier Pérez Couto, matemático, autor da canle de YouTube de divulgación de astronomía AstroXabi e socio da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

Descrición: Astronomía e navegación estiveron ligadas dende a fabricación dos primeiros barcos. Antes da invención do GPS e dos primeiros ordenadores o ceo estrelado servía de mapa e guía para quen se atrevía a navegar en alta mar. Nesta palestra-obradoiro da Agrupación Ío aprenderemos os fundamentos necesarios para orientarnos polas estrelas, incluso sen ter terra á vista, e fabricaremos un instrumento náutico que teremos a oportunidade de poñer en práctica na observación posterior.

Lugar: MUNCYT, A Coruña

Data e hora: martes 12 de abril de 2022 ás 19:30 (charla-obradoiro) e ás 21:30 (observación).