A maneira de prólogo do IV Encontro da Noite presentamos no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o documental, subtitulado en galego, “Northern Nights, Starry Skies” (Noites do norte, ceos estrelados), creado polo fotógrafo nativo americano Travis Novitsky, membro da nación Anishinaabe. O filme fala do impacto da contaminación luminosa sobre a saúde, o medio ambiente e o patrimonio cultural e pon en valor a importancia da preservación da noite. A través da plataforma Amara compartimos dende hoxe con todas as persoas interesadas a tradución que fixo para nós Marta García-Piñuela.