Boletín IAU de divulgación da astronomía

Xuño #2

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) Postúlate para o posto de oficial de divulgación internacional coa IAU OAO
2) Enquisa do alumnado da International School for Young Astronomers
3) Premio de doutoramento da Unión Astronómica Internacional
4) Novas NOC: “Xornadas de iniciación á astronomía en Togo”
5) Novas NOC: Apertura da Oficina de Difusión, Educación e Investigación en Astronomía en Moçambique
6) Colaboradora da IAU OAO premiada por un proxecto de ciencia cidadá
7) Carta aberta de Astronomers for Planet Earth
8) Convocatoria 2021 dos premios Dark Sky
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

Para moita xente no hemisferio norte, coma nós no Xapón, onde está a Oficina IAU de Divulgación da Astronomía (IAU OAO), chega o verán. Neste período de clima cálido, queremos dedicar un momento para lembrar a todo o mundo a importancia de hidratarse e tomar precaucións nas zonas con tempo extremo.

Este número do boletín de divulgación da astronomía contén moitas actualizacións relacionadas coa divulgación da IAU, incluíndo unha chamada a ex-alumnos e alumnas da International School for Young Astronomers e as persoas que veñen de obter un doutoramento. Tamén é o último número antes de comezar a revisar as solicitudes para o posto de oficial de divulgación internacional o 15 de xullo, polo que por favor, envía a solicitude ou comparte a información coas persoas que poidan estar interesadas en unirse á oficina IAU OAO.

Ademais, compartimos algunhas noticias das coordinacións nacionais de divulgación da IAU en Moçambique e Togo. Se podes, esperamos que te unas a estes grandes eventos para as comunidades de divulgación da astronomía destes países.

Por último, con respecto ás altas temperaturas, incluímos información de Astronomers for Planet Earth sobre a súa carta aberta a institucións e grupos de astronomía sobre o papel da astronomía na mitigación do cambio climático. En liña coa concienciación sobre a Terra, este número achega información sobre os premios International Day-Sky Association 2021. Agardamos que compartas estes elementos con calquera que teña interese nestes temas.

Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,

Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina IAU de Divulgación de Astronomía

1) Postúlate para o posto de oficial de divulgación internacional coa IAU OAO

Quedan unhas semanas para presentar unha solicitude para o posto de Oficial de Divulgación Internacional na Oficina IAU de Divulgación da Astronomía. A convocatoria está aberta a calquera persoa do mundo, requírese o coñecemento do inglés e valórase o do xaponés. O proceso de selección comezará despois do 15 de xullo de 2021.

Máis información: https://iau.org/news/announcements/detail/ann21032/

2) Enquisa do alumnado da International School for Young Astronomers

O alumnado da IAU International School for Young Astronomers (ISYA) do período 1967-2014 está convidado a enviar un informe sobre a súa experiencia en ISYA á Oficina IAU para Astrónomos e Astrónomas Xoves antes de finais de xuño de 2021.

Os informes deben enviarse aquí: https://nettskjema.no/a/isya

3) Premios de doutoramento da Unión Astronómica Internacional

As persoas que obtiveran o seu doutoramento en época recente poden presentarse ao premio de doutoramento da Unión Astronómica Internacional. O premio recoñece os excelentes logros científicos en astrofísica de todo o mundo a través de cada división da IAU, incluída a división C sobre divulgación, educación ou patrimonio. Os doutores e as doutoras deberon obter o título desde o 16 de decembro de 2020 para participaren no premio.

Máis información: https://iau.org/science/grants_prizes/phd_prize/

4) Novas NOC: “Xornadas de iniciación á astronomía en Togo”

Doh Koffi Addor, coordinador de divulgación nacional da IAU para Togo, convida ao público á conferencia en liña “Les journées de découverte de l’astronomie au Togo” (“Xornadas de iniciación á astronomía en Togo”), organizada pola Asociación de Astronomía Togolesa (ATA). O evento terá lugar os días 22 e 23 de xullo de 2021 en francés. É necesario inscribirse mais é de balde.

Máis información: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScN23EoTMoIbkb1Zp54zwkMKeOmKQrB6sPTxE6XLpTrpjxZPw/viewform

5) Novas NOC: Apertura da Oficina de Difusión, Educación e Investigación en Astronomía en Moçambique

O coordinador nacional de divulgación da IAU en Mozambique Claudio Paulo formou un novo equipo e abriu o Escritório de Divulgação, Educación e Pesquisa em Astronomia de Moçambique na Universidade Eduardo Mondlane. Claudio forneceu a oficina con ordenadores, telescopios e outros recursos para mellorar a divulgación da astronomía entre o público do país. O equipo inaugurou a oficina organizando un evento de divulgación pública para o Día dos Asteroides.

Podes coñecer o equipo NOC Mozambique aquí: https://sites.google.com/oao.iau.org/iauoaonews/national-pages/Mozambique

6) Colaboradora da IAU OAO premiada por un proxecto de ciencia cidadá

Kumiko Usuda-Sato, colaboradora da NAOJ coa Oficina IAU de Divulgación da Astronomía, xunto cos seus compañeiros do Telescopio Subaru do Observatorio Astronómico Nacional de Xapón (NAOJ), foi premiada en 2021 na categoría de Ciencia e Tecnoloxía polo Ministerio de Educación, Cultura, Deportes, Ciencia e Tecnoloxía de Xapón. O recoñecemento valora o seu traballo de creación do proxecto de ciencia cidadá “GALAXY CRUISE”.

Máis información: https://subarutelescope.org/en/news/topics/2021/06/15/2965.html

7) Carta aberta de Astronomers for Planet Earth

O colectivo Astronomers for Planet Earth escribiu unha carta aberta chamando ás institucións astronómicas de todo o mundo a dar un exemplo de mitigación da crise climática. Os astrónomos e as astrónomas, así como o profesorado e os e as estudantes de astronomía poden asinar a carta.

Para saber máis: https://astronomersforplanet.earth/open-letter

8) Convocatoria 2021 dos premios Dark Sky

A International Dark-Sky Association (IDA) abriu a súa convocatoria para as candidaturas aos premios Dark Sky 2021. Estes premios teñen como obxectivo recoñecer e celebrar os logros de persoas e grupos comprometidos coa misión IDA de protexer a noite contra a contaminación luminosa. Acéptanse candidaturas até o 20 de xullo de 2021.

Máis información: https://www.darksky.org/2021-ida-award-nominations

9) Actividades destacadas e repositorio de recursos en liña

a) Reunión anual da Sociedade Astronómica Europea
Onde: virtual
Cando: do 28 de xuño ao 2 de xullo de 2021
Sitio web: https://eas.unige.ch/EAS_meeting/

d) Simposio de verán da Sociedade Astronómica do Pacífico
Onde: virtual
Cando: do 23 ao 27 de xullo de 2021
Sitio web: https://scipep.org/conference/

e) Comunicar o Futuro: Envolver o Público na Ciencia Básica
Lugar: virtual
Cando: 27 e 28 de xullo de 2021
Sitio web: https://scipep.org/conference/

Podedes atopar recursos gratuítos para a divulgación da astronomía en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing

10) Boletín da Oficina IAU de Divulgación da Astronomía noutros idiomas

O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:

Árabe: https://stargazersbh.wixsite.com/bsac/iau
Traducións grazas aos membros do Club de Observación Astronómica de Bahrain.

Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.

Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.

Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.

Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.

Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.

Xaponés: http://bit.ly/2xlNyCR
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).

Se queredes traducir o noso boletín ao voso idioma, por favor escribídenos a public@oao.iau.org.

11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU de Divulgación da Astronomía

Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgación astronómica en todo o mundo para incluílas no seguinte boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía. Se tedes algún evento astronómico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgación astronómica, enviádenos un correo a public@oao.iau.org con máis información.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podedes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.