Boletín IAU de divulgación da astronomía

Xuño #1

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) Anunciados os proxectos seleccionados na convocatoria de financiamento NOC
2) Anunciado o 3º Obradoiro Shaw – IAU sobre Astronomía para a Educación
3) Extendida a serie de charlas en liñas IAU Early Career Astronomers
4) Obradoiro de astroturismo da IAU o 28 de xuño de 2021
5) Na Lúa de novo! regresa do 16 ao 18 de xullo de 2021
6) O Día do Asteroide celébrase o 30 de xuño de 2021
7) Encontro virtual da ASP sobre o cambio climático desde unha perspectiva astronómica
8) Prácticas de xornalismo científico da ESO en Chile
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín da Oficina IAU de Divulgación da Astronomía noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU de Divulgación da Astronomía

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

Neste boletín, a nosa oficina ten o pracer de anunciar parte dos proxectos gañadores do esquema de financiamento NOC 2020-2021. Queremos darlles as grazas aos 45 coordinadores e coordinadoras de divulgación nacional (NOC) da IAU que solicitaron o programa e felicitar os 17 proxectos que recibiron financiamento nesta primeira rolda. Podes ler máis sobre estes proxectos neste boletín.

Este número inclúe ademais información sobre dúas próximas reunións virtuais para a astronomía en diferentes campos: o próximo Obradoiro Shaw-IAU sobre Astronomía para a Educación e un simposio especial da Sociedade Astronómica do Pacífico sobre cambio climático e astronomía. As dúas reunións teñen datas límite moi próximas.

Este próximo mes hai dous grandes eventos de divulgación mundial: o Día do Asteroide e On the Moon Again. O público está convidado a organizar actividades en torno a estes eventos e neste boletín achegamos ligazóns con información sobre como planificar esas actividades ou como participar desde casa.

Por último, debemos facer unha corrección respecto do número anterior do boletín: a Oficina IAU de Divulgación da Astronomía non é socia do ciclo de conferencias da Semana Espacial Mundial.

Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,

Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina IAU de Divulgación da Astronomía

1) Anunciados os proxectos seleccionados na convocatoria de financiamento NOC

Tres proxectos organizados polas Coordinacións Nacionais de Divulgación da IAU (NOC) recibiron apoio a través da convocatoria de financiamento NOC. Estes proxectos promoven a astronomía co público ao tempo que fortalecen as relacións entre persoas de diferentes países. Os proxectos seleccionados envolven NOCs de 17 países e céntranse no acceso á información, o aumento das oportunidades para as persoas refuxiadas e a participación de estudantes na ciencia a través da arte.

Máis información: https://iau.org/news/announcements/detail/ann21035/

2) Anunciado o 3º Obradoiro Shaw – IAU sobre Astronomía para a Educación

O 3º Obradoiro Shaw-IAU sobre Astronomía para a Educación terá lugar en liña do 12 ao 15 de outubro de 2021 co tema “O que todas as persoas deben saber sobre a educación astronómica”. Os resumos de relatorios e as propostas de conferenciantes deberán presentarse antes do 30 de xuño de 2021; para os resumos de pósters a data límite é o 15 de agosto de 2021.

Máis información: https://iau.org/news/announcements/detail/ann21037/

3) Extendida a serie de charlas en liñas IAU Early Career Astronomers

A serie de charlas en liña IAU Early Career Astronomers (Astrónomos e astrónomas no principio da súa carreira) estendeuse até agosto. Celebraranse cinco eventos máis para apoiar o desenvolvemento profesional dos astrónomos e astrónomas ao inicio da súa carreira profesional, con organización a cargo do Grupo de Traballo para Membros Junior da IAU. A participación é gratuíta, mais é necesario inscribirse como máximo 24 horas antes de cada evento.

Máis información: https://forms.gle/o7bH4xxsMWrzpVx36

4) Obradoiro de astroturismo da IAU o 28 de xuño de 2021

A Oficina Rexional Europea de Astronomía para o Desenvolvemento (E-ROAD) da Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento (IAU OAD) realizará un obradoiro sobre astroturismo en todo o mundo. O evento é en liña e gratuíto.

Máis información: https://www.eventbrite.com/e/iau-astrotourism-workshop-tickets-158444047411

5) Na Lúa de novo! regresa do 16 ao 18 de xullo de 2021

On the Moon again! (Na Lúa de novo!) regresa en 2021. Podes unirte a xente de todo o mundo para gozar da Lúa do 16 ao 18 de xullo de 2021 sacando un telescopio e facendo que outras persoas observen con seguridade o satélite natural da Terra, ou podes quedar na casa para ver un espectáculo en directo de 24 horas sobre a Lúa con expertos e expertas de todo o planeta.

Para saber máis: https://www.onthemoonagain.org/

6) O Día do Asteroide celébrase o 30 de xuño de 2021

O Día do Asteroide celebrarase o 30 de xuño de 2021 para espertar o interese sobre estes corpos. Convidámosvos a organizar un evento ou asistir a algún para aprender máis sobre os asteroides ou a que vos unades a unha transmisión en liña en directo con astronautas, expertos e expertas e celebridades para celebrar esta efeméride.

Máis información: https://asteroidday.org/

7) Encontro virtual da Sociedade Astronómica do Pacífico sobre o cambio climático desde unha perspectiva astronómica

A Sociedade Astronómica do Pacífico, en colaboración con Astronomers for Planet Earth, acolle un simposio virtual interactivo sobre o cambio climático desde unha perspectiva astronómica. As persoas participantes coñecerán as causas, as consecuencias e as solucións á crise climática a través dunha serie de charlas, paneis e obradoiros. O simposio celebrarase o 23 de xullo de 2021.

Máis información: https://astrosociety.org/get-involved/events/asp2021-summer-symposium/

8) Prácticas de xornalismo científico da ESO en Chile

O Observatorio Europeo do Sur (ESO) convocou unha bolsa de xornalismo científico para as súas oficinas en Chile. As persoas solicitantes deben ter formación universitaria en ciencias ou comunicación e ter dominio do inglés e español. Terán preferencia os e as estudantes de Chile mais a convocatoria está aberta a calquera nacionalidade. As solicitudes deberán presentarse antes do 1 de xullo de 2021.

Máis información: https://recruitment.eso.org/

9) Actividades destacadas e repositorio de recursos en liña

a) SciComPT
Onde: virtual
Cando: do 23 ao 25 de xuño de 2021
Sitio web: http://scicom.pt/index.php/scicompt-2021/

b) Conferencia Futuro da Comunicación Científica
Onde: virtual
Cando: do 24 ao 25 de xuño de 2021
Sitio web: https://future-of-scicomm.converve.io/index.html

c) Reunión anual da Sociedade Astronómica Europea
Onde: virtual
Cando: do 28 de xuño ao 2 de xullo de 2021
Sitio web: https://eas.unige.ch/EAS_meeting/

d) 238º Encontro da Sociedade Astronómica Americana 
Onde: virtual
Cando: do 7 ao 9 de xullo de 2021
Sitio web: https://aas.org/meetings/aas238

e) Comunicar o Futuro: Envolver o Público na Ciencia Básica
Lugar: virtual
Cando: 27 e 28 de xullo de 2021
Sitio web: https://scipep.org/conference/

Podedes atopar recursos gratuítos para a divulgación da astronomía en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing

10) Boletín da Oficina IAU de Divulgación da Astronomía noutros idiomas

O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:

Árabe: https://stargazersbh.wixsite.com/bsac/iau
Traducións grazas aos membros do Club de Observación Astronómica de Bahrain.

Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.

Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.

Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.

Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.

Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.

Xaponés: http://bit.ly/2xlNyCR
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).

Se queredes traducir o noso boletín ao voso idioma, por favor escribídenos a public@oao.iau.org.

11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU de Divulgación da Astronomía

Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgación astronómica en todo o mundo para incluílas no seguinte boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía. Se tedes algún evento astronómico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgación astronómica, enviádenos un correo a public@oao.iau.org con máis información.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podedes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.