Boletín IAU de divulgación da astronomía

Xullo #2

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) Anunciados os proxectos gañadores de Telescopios para todas as persoas 2021
2) Bolsa Visitante IAU OAD
3) Novas NOC: vídeos de astronomía de Trinidad e Tobago
4) Space Scoop
5) Inscríbete na Conferencia GHOU
6) Anunciados os resultados dos concursos Dark Skies Rangers 2021
7) Subvencións a proxectos de educación e divulgación da Royal Astronomical Society
8) Convocatoria do plan de financiamento e premio Europlanet 2021
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

Neste boletín presentamos dous proxectos relacionados co recoñecemento ás actividades de divulgación. En primeiro lugar, a Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía (IAU OAO) e os nosos socios Sterren Schitteren Voor Iedereen (As estrelas brillan para todas as persoas) anunciamos os proxectos premiados da campaña Telescopios para todas as persoas 2021. Este ano medrou moito a participación e agradecemos o entusiasmo que vemos cara a este proxecto. Se aínda non o fixeches, bótalle un ollo a como se usarán os telescopios unha vez que cheguen aos seus destinos. En segundo lugar, outro incríbel proxecto que anunciou os seus resultados son os Concursos Dark Skies Rangers 2021 con NUCLIO en Portugal. A sensibilización sobre o ceo nocturno é moi importante para a nosa oficina, polo que nos alegra ver a tantas mozas e mozos de todo o mundo aprendendo e concienciando sobre o impacto que a contaminación luminosa ten nos nosos ceos escuros.

Este boletín tamén contén dous recursos que poden resultar útiles. Un é unha serie de vídeos de astronomía da nosa coordinadora de divulgación nacional da IAU para Trinidad e Tobago, a doutora Shirin Haque, e o outro é Space Scoop, un sitio web de novas de astronomía para nenos e nenas que a nosa institución anfitrioa, o Observatorio Astronómico Nacional de Xapón, está orgullosa de apoiar financeiramente.

Por último, hai unha serie de oportunidades para que os e as profesionais da divulgación da astronomía desenvolvan as súas habilidades ou proxectos. O primeiro son dous plans de financiamento europeos para apoiar proxectos de divulgación da astronomía. A outra é a Conferencia Global Hands-on Universe, destinada a persoas interesadas na educación en astronomía e que permite que coñezamos outra xente con intereses similares. Hai máis información sobre todas estas oportunidades a continuación.

Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,

Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina IAU de Divulgación de Astronomía

1) Anunciados os proxectos gañadores de Telescopios para todas as persoas 2021

A Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía e Sterren Schitteren Voor Iedereen (As estrelas brillan para todas as persoas) anunciaron os 12 proxectos galardoados no programa Telescopios para todas as persoas 2021. Os proxectos premiados están espallados polos cinco continentes e levarán a astronomía a diversas comunidades subdesenvolvidas facendo uso do telescopio que obtiveron.

Para saber máis: https://www.iau.org/public/telescopecollaboration/

2) Bolsa Visitante IAU OAD

A Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento (IAU OAD) acolle periodicamente a bolseiros e bolseiras visitantes para colaboraren coa IAU OAD. Acéptanse propostas de xeito continuo e actualmente operan todas en forma remota.

Máis información: https://www.astro4dev.org/2021/07/20/remote-fellowship-at-iau-office-of-astronomy-for-development/

3) Novas NOC: vídeos de astronomía de Trinidad e Tobago

En resposta á pandemia, a coordinadora nacional de divulgación da IAU en Trinidad e Tobago, a doutora Shirin Haque, creou uns vídeos sobre astronomía tanto para nenos e nenas como para persoas adultas no Caribe de fala inglesa, incluída unha serie con preguntas enviadas pola rapazada e outra con profesionais da astronomía.

Máis información: https://www.youtube.com/user/caribscience/videos

4) Space Scoop

Space Scoop achega as últimas novidades sobre astronomía a nenas e nenos de todo o mundo en 33 idiomas. O proxecto está apoiado por diversas organizacións e proxectos de astronomía para que a rapazada poida coñecer os últimos desenvolvementos nesta ciencia.

Máis información: http://www.spacescoop.org/en/

5) Inscríbete na Conferencia GHOU

A Conferencia Global Hands on Universe (GHOU) de 2021 celebrarase de novo virtualmente para docentes, estudantes, educadores e educadoras e outros científicos e científicas con interese na educación en astronomía. A inscrición pecha o 10 de agosto de 2021. A conferencia gratuíta celebrarase do 23 ao 27 de agosto de 2021.

Máis información: http://handsonuniverse.org/ghou2021/

6) Anunciados os resultados dos concursos Dark Skies Rangers 2021

En Portugal NUCLIO anunciou os resultados dos Concursos Dark Skies Rangers 2021. Estes concursos anuais de escritura e debuxo axudan a crear conciencia sobre o impacto da contaminación luminosa e a importancia de preservar o ceo nocturno.

Para saber máis: http://dsr.nuclio.pt/concursos-dsr-2021/

7) Subvencións a proxectos de educación e divulgación da Royal Astronomical Society

A Royal Astronomical Society (RAS) acepta solicitudes para o seu programa de subvencións de pequeno importe para proxectos de Educación e Divulgación até o 15 de agosto de 2021. Estas subvencións globais teñen como obxectivo apoiar actividades de divulgación pública relacionadas coa astronomía ou a xeofísica.

Máis información: https://ras.ac.uk/awards-and-grants/outreach/education-outreach-small-grants-scheme/

8) Convocatoria do plan de financiamento e premio Europlanet 2021

A Europlanet Society acepta solicitudes para o seu programa de financiamento e premio de divulgación 2021. As solicitudes admítense até o 18 de agosto de 2021. Tanto o plan de financiamento como o premio están deseñados para apoiar proxectos europeos que dean a coñecer ao público as ciencias planetarias.

Máis información: https://www.europlanet-society.org/calls-for-europlanet-outreach-funding-scheme-and-prize-2021/

9) Actividades destacadas e repositorio de recursos en liña

a) Simposio de verán da Sociedade Astronómica do Pacífico
Onde: virtual
Cando: do 23 ao 27 de xullo de 2021
Sitio web: https://scipep.org/conference/

b) Comunicar o Futuro: Envolver o Público na Ciencia Básica
Lugar: virtual
Cando: 27 e 28 de xullo de 2021
Sitio web: https://scipep.org/conference/

c) Conferencia Global Hands on Universe (GHOU) 2021
Lugar: virtual
Cando: do 23 ao 27 de agosto de 2021
Sitio web: https://handsonuniverse.org/ghou2020/

d) II Obradoiro Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade
Lugar: virtual / La Palma, Illas Canarias, España
Cando: do 3 ao 7 de outubro de 2021
Sitio web: http://research.iac.es/congreso/quietdarksky2021/pages/home.php

e) Obradoiro Shaw-IAU Astronomía para a Educación
Lugar: virtual
Cando: do 12 ao 15 de outubro de 2021
Sitio web: https://astro4edu.org/siw2021/

Podedes atopar recursos gratuítos para a divulgación da astronomía en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing

10) Boletín da Oficina IAU de Divulgación da Astronomía noutros idiomas

O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:

Árabe: https://stargazersbh.wixsite.com/bsac/iau
Traducións grazas aos membros do Club de Observación Astronómica de Bahrain.

Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.

Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.

Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.

Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.

Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.

Xaponés: https://docs.google.com/document/d/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).

Se queredes traducir o noso boletín ao voso idioma, por favor escribídenos a public@oao.iau.org.

11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU de Divulgación da Astronomía

Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgación astronómica en todo o mundo para incluílas no seguinte boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía. Se tedes algún evento astronómico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgación astronómica, enviádenos un correo a public@oao.iau.org con máis información.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podedes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.