Boletín IAU de divulgación da astronomía

Xullo #1

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) Xa están dispoñíbeis as gravacións da conferencia virtual CAP 2021
2) Obradoiro Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade
3) Novas NOC: Obradoiro de astronomía náutica en Sri Lanka
4) Proxecto de ciencia cidadá para atopar galaxias “medusa”
5) Concurso fotográfico “Na Lúa de novo!”
6) Concurso de astrofotografía IDA “Capture the Night”
7) Blog “Wondrous Astronomy”
8) Proxecto “Un ceo, unha postal” con AWB
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

Pode que o notarades: estamos a ter unha tempada moi intensa para a divulgación da astronomía. E neste boletín informativo ofrecemos un petisco do que está a suceder en todo o mundo.

En primeiro lugar hai algunhas actualizacións das reunións relacionadas coa IAU. As gravacións da primeira conferencia virtual Comunicar astronomía co público (Conferencia CAP) xa están dispoñíbeis en liña. O tema deste ano foi “Comunicar a astronomía co público na era das crises globais”, polo que hai moitas charlas (e moita inspiración) relevantes para esta era da pandemia. En segundo lugar, anunciouse o segundo obradoiro Ceos escuros e tranquilos para a ciencia e a sociedade, sobre o cal podes atopar máis información a continuación.

Tamén destacamos un novo obradoiro da oficina NOC en Sri Lanka, que tratou sobre o patrimonio cultural da astronomía náutica entre o país insular e os Países Baixos.

Neste boletín tamén hai dous concursos fotográficos que aceptan inscricións gratuítas, incluído un cos nosos socios On the Moon Again! para o seu evento do 16 ao 18 de xullo de 2021. Estes concursos de fotos están abertos a calquera persoa que teña cámara, así que anímate e comproba como podes participar.

Por último neste boletín hai dous proxectos e un recurso para as persoas entusiastas da astronomía. O primeiro proxecto permite que científicos e científicas cidadás atopen galaxias “Medusas” e o outro permite que a xente explore a conexión entre astronomía e arte a través das postais. O recurso é un blog bilingüe sobre astronomía e arte.

Ás veces é difícil incluír todo neste boletín, polo que consulta o noso Facebook ou Twitter se usas estas redes sociais para coñecer eventos que non collen neste boletín.

Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,

Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina IAU de Divulgación de Astronomía

1) Xa están dispoñíbeis as gravacións da conferencia virtual CAP 2021

Xa están dispoñíbeis en liña os vídeos das conferencias, as charlas plenarias e outros contidos da Conferencia Virtual CAP 2021. Esta última edición da Conferencia Comunicar Astronomía co Público reuniu comunicadores e comunicadoras de astronomía de todo o mundo baixo o tema “Comunicar astronomía co público na era das crises globais”.

Aquí está a listaxe das charlas coas ligazóns de vídeo correspondentes: https://www.communicatingastronomy.org/cap2021-videos/

Gravacións na canle de Youtube CAP: https://www.youtube.com/IAUCAP

2) Obradoiro Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade

A Unión Astronómica Internacional (IAU) colabora de novo coa Oficina de Asuntos do Espazo Exterior das Nacións Unidas (UNOOSA) e o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) no obradoiro Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade. A reunión gratuíta celebrarase do 3 ao 7 de outubro de 2021 en liña e en La Palma, España. Os resumos deben enviarse antes do 15 de xullo de 2021.

Máis información: https://iau.org/news/announcements/detail/ann21043/

3) Novas NOC: Obradoiro de astronomía náutica en Sri Lanka

O NOC de Sri Lanka até finais de agosto, Thilina Heenatigala, e o coordinador que o substituirá logo desa data, Dhanushka Subath Amaradasa, realizaron un taller en liña sobre astronomía náutica a principios deste ano con escolares en Sri Lanka. O obradoiro foi recoñecido recentemente por The Netherlands Online Cultural Challenge 2020.

Para saber máis: https://www.universiteitleiden.nl/en/news/2021/07/bridging-sri-lanka-and-the-netherlands-through-astronomy

Grazas a Thilina Heenatigala por compartir esta nova.

4) Proxecto de ciencia cidadá para atopar galaxias “medusa”

Toda a xente está invitada a unirse á investigación do Instituto Max Planck de Astronomía para identificar as galaxias “medusa” en simulacións que axuden aos investigadores e investigadoras a comprender mellor como se forman as galaxias. O proxecto está dispoñíbel en inglés, alemán e hebreo.

Máis información: http://www.mpia.de/5697481/news_publication_16946467_transferred

5) Concurso fotográfico “Na Lúa de novo!”

“Na Lúa de novo!” convoca un concurso fotográfico para o evento global de observación do 16 ao 18 de xullo de 2021. As persoas que desexen participar poden facer unha foto da Lúa durante o evento e publicala en liña para obter premios, incluído un telescopio dos nosos parceiros do proxecto “Telescope for All” Sterren Schitteren Voor Iedereen (As estrelas brillan para todas as persoas).

Máis información: https://www.onthemoonagain.org/contest

6) Concurso de astrofotografía IDA “Capture the Night”

A International Dark-Sky Association (IDA) acepta envíos para o seu concurso de astrofotografía “Captura a noite”. As fotos pódense enviar até o 23 de xullo de 2021.

Máis información: https://www.darksky.org/capturethedark/

7) Blog “Wondrous Astronomy”

Wondrous Astronomy é un blog bilingüe sobre temas de astronomía tanto para adultos como para escolares. As publicacións están dispoñíbeis en marathi e inglés.

Para saber máis: http://simplifiedastronomy.blogspot.com/

Grazas a Sonal Thorve por compartir esta nova.

8) Proxecto “Un ceo, unha postal” con AWB

Astrónomxs sen fronteiras (AWB) solicítalle á xente de todo o mundo que envíe unha postal coa súa visión artística do ceo. O proxecto ten como obxectivo xuntar persoas de todos os países que lidaron co illamento e a falta de contacto durante o último ano. Os traballos aceptaranse até o 31 de agosto de 2021.

Máis información: https://my.astronomerswithoutborders.org/programs/astroarts/new-page

9) Actividades destacadas e repositorio de recursos en liña

a) Simposio de verán da Sociedade Astronómica do Pacífico
Onde: virtual
Cando: do 23 ao 27 de xullo de 2021
Sitio web: https://scipep.org/conference/

b) Comunicar o Futuro: Envolver o Público na Ciencia Básica
Lugar: virtual
Cando: 27 e 28 de xullo de 2021
Sitio web: https://scipep.org/conference/

c) II Obradoiro Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade
Lugar: virtual / La Palma, Illas Canarias, España
Cando: do 3 ao 7 de outubro de 2021
Sitio web: http://research.iac.es/congreso/quietdarksky2021/pages/home.php

d) Obradoiro Shaw-IAU Astronomía para a Educación
Lugar: virtual
Cando: do 12 ao 15 de outubro de 2021
Sitio web: https://astro4edu.org/siw2021/

Podedes atopar recursos gratuítos para a divulgación da astronomía en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing

10) Boletín da Oficina IAU de Divulgación da Astronomía noutros idiomas

O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:

Árabe: https://stargazersbh.wixsite.com/bsac/iau
Traducións grazas aos membros do Club de Observación Astronómica de Bahrain.

Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.

Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.

Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.

Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.

Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.

Xaponés: http://bit.ly/2xlNyCR
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).

Se queredes traducir o noso boletín ao voso idioma, por favor escribídenos a public@oao.iau.org.

11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU de Divulgación da Astronomía

Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgación astronómica en todo o mundo para incluílas no seguinte boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía. Se tedes algún evento astronómico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgación astronómica, enviádenos un correo a public@oao.iau.org con máis información.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podedes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.