Boletín IAU de divulgación da astronomía
Setembro #2
Neste boletín:
0) Nota editorial
1) 100 horas de astronomía 2021
2) Convocatoria Especial para o Simposio Kavli-IAU sobre Clima e Cambio Climático nos Planetas
3) Resumos das Sesións das Oficinas da IAUReunión familiar 2021
4) Festas tradicionais relacionadas coa Astronomía
5) Esquema de financiamento dos NOC 2021-2022
6) O Universo virtual máis grande gratuito para que calquera o explore
7) A Asociación Americana de Observadores de Estrelas Variables (AAVSO) celebra o seu 110 aniversario
8) Conferencia SciAccess 2021
9) Actividades destacadas e repositorio de recursos en liña
10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía
0) Nota editorial
Prezados amigos, amigas e colegas,
Preparádevos para celebrar as 100 Horas de Astronomía do 1 ao 4 de outubro. Temos máis de 120 eventos en 47 países rexistrados no noso calendario de eventos de divulgación da IAU. Todas as actividades rexistradas son elixíbeis para gañar un dos dez telescopios doados por “Stars Shine for Everyone” (SSVI). Os primeiros 100 eventos recibirán agasallos da nosa oficina, incluíndo as últimas edicións impresas do CAPjournal.
Se che entusiasma a divulgación da astronomía e che gustaría participar activamente nun grupo global e diverso de persoas, animámoste a que te unas ao noso equipo en Toquio propoñéndote para a nosa praza de subdirección. O prazo remata o 30 de setembro de 2021.
Lanzamos a convocatoria de propostas “Baixo un mesmo ceo” para apoiar proxectos no Día Internacional dos Pobos Indíxenas que se celebra o 9 de agosto de 2022 co aval das Nacións Unidas. Podes solicitalo até o 31 de decembro de 2021.
Neste número destacamos a convocatoria especial para o Simposio Kavli-IAU sobre o clima e o cambio climático nos planetas, a publicación dos resumos das sesións da Reunión das oficinas IAU 2021 e convidámosvos a compartir detalles sobre as festas tradicionais e culturais relacionadas coa astronomía do voso país ou rexión.
Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,
Lina Canas, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía
1) 100 Horas de Astronomía 2021
Xa estamos preparadas e preparados para celebrarmos as 100 Horas de Astronomía. Do 1 ao 4 de outubro de 2021, o mundo celebrará que vivimos “Baixo un mesmo ceo” inspirándose en como se xuntou a nosa comunidade durante un tempo no que o contacto físico non foi posíbel, e en moitos lugares aínda non é posíbel. Consulta as máis de 100 iniciativas en 47 países e atopa un evento preto de ti no noso calendario de eventos de divulgación da IAU:
https://www.iau.org/public/oao-events/
Non atopas ningunha actividade preto de ti? Case todas as actividades están en liña e son accesíbeis para todas e todos. Como o idioma pode ser unha barreira, animamos á nosa diversa comunidade a realizar actividades nos seus propios idiomas nativos.
Podes atopar as nosas actualizacións diarias nas nosas canles de redes sociais coas actividades rexistradas.
2) Convocatoria especial para o Simposio Kavli-IAU sobre o clima e o cambio climático nos planetas
A IAU convida a lanzar propostas para o primeiro Simposio Interdisciplinar de Kavli-IAU, que estará dedicado ao cambio climático e o clima nos planetas e está previsto que teña lugar a finais de 2022 ou principios de 2023. O obxectivo do simposio é reunir científicas e científicos que estudan unha ampla gama de procesos planetarios para comprender mellor o posíbel futuro do clima na Terra. As propostas completas deben enviarse ao secretario xeral da IAU antes do 15 de novembro de 2021.
Para saber máis: https://iau.org/news/announcements/detail/ann21052/
3) Resumos das sesións da reunión das oficinas da IAU 2021
A Reunión das Oficinas da IAU celebrouse en liña do 20 ao 22 de xullo de 2021, reunindo as redes globais das catro Oficinas da IAU: as coordinadoras e coordinadores nacionais de educación astronómica (NAEC), as coordinadoras e coordinadores nacionais de divulgación (NOC) e as oficinas rexionais e centros de coñecemento lingüístico de astronomía para o desenvolvemento (ROADs) e (LOADs). A organización estivo dirixida pola Oficina de Astronomía para a Educación da IAU.
Podes atopar os resumos da sesión aquí:
https://www.iau.org/static/publications/iau-offices/session-summaries-IAU-offices-family-meeting-2021.pdf
4) Festivais tradicionais relacionados coa astronomía
Entendendo a importancia da astronomía nas festas tradicionais de todo o mundo e a importancia xeral da astronomía na cultura, recollemos unha lista de festas tradicionais de todo o mundo relacionadas coa astronomía. Cun forte arraigo nas nosas tradicións compartidas, pretendemos unir diferentes países a través dos seus intereses culturais e históricos compartidos polo ceo e os acontecementos astronómicos.
Aquí fornecemos dous exemplos:
– O Festival de Tanabata tamén se coñece como o “Festival das Estrelas”. Tanabata é un festival de verán en Xapón, no que a rapazada e os adultos piden desexos e miran as estrelas.
– Tsukimi significa “mirar a lúa” e é unha tradición xaponesa (que se remonta a máis de mil anos) de celebrar festas especiais para ver a lúa no outono.
Colabora connosco e fainos saber as festas e tradicións culturais que tes no teu país ou rexión relacionadas coa astronomía: https://forms.office.com/r/6JMGJu5NuA
5) Esquema de financiamento dos NOC 2021-2022
As Coordinadoras e Coordinadores Nacionais de Divulgación da IAU (NOC) son as e os representantes a nivel nacional da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía (OAO). A rede actúa como punto de contacto para a divulgación da astronomía nun país ou territorio. As e os NOC apoian a implementación de proxectos OAO da IAU a nivel nacional, comparten novas e eventos de astronomía no seu país e unen a IAU coas comunidades locais. No proceso, reciben apoio divulgativo da OAO da IAU, como o acceso ao réxime de financiamento NOC e unha conexión coa rede global NOC.
Para saber máis sobre a rede NOC: https://www.iau.org/public/noc/
Máis información acerca do Esquema de financiamento dos NOC: https://iau.org/public/oao/nocs_funding/
6) O universo virtual máis grande, de balde para que calquera poida exploralo
Un equipo internacional de investigadoras e investigadores xerou todo un universo virtual e púxoo a disposición de todas as persoas. Uchuu (que significa “espazo exterior” en xaponés) é a simulación máis grande e realista do Universo até a data. A simulación de Uchuu consta de 2,1 billóns de partículas nun cubo computacional con 9,63 millóns de anos luz de lado. Investigadores e investigadoras de Xapón, España, Estados Unidos, Arxentina, Australia, Chile, Francia e Italia crearon Uchuu usando ATERUI II, o supercomputador máis potente do mundo dedicado á astronomía.
Podes ler o comunicado de prensa do Observatorio Astronómico Nacional de Xapón (NAOJ) aquí:
https://www.nao.ac.jp/en/news/science/2021/20210910-cfca.html
Podes atopar as simulacións de Uchuu aquí: http://skiesanduniverses.org/Simulations/Uchuu/
7) A Asociación Americana de Observación de Estrelas Variábeis (AAVSO) celebra o seu 110 aniversario
A Asociación Americana de Observación de Estrelas Variábeis (AAVSO) é unha organización científica e educativa sen ánimo de lucro de astrónomos afeccionados e profesionais con interese nas estrelas que cambian de brillo: as estrelas variábeis. A AAVSO celebra este ano o seu 110 aniversario.
Máis información: https://www.aavso.org/participate
8) Conferencia SciAccess 2021
As inscricións da conferencia “SciAccess 2021” xa están abertas. Terá lugar os días 12 e 13 de novembro. A conferencia SciAccess 2021 estará dedicada a promover a inclusión da discapacidade, a diversidade e a equidade nas CTEM. Se che interesa compartir algún traballo, ideas, experiencias ou prácticas relacionadas coa CTEM accesíbel, envía a túa proposta antes do 24 de setembro.
Máis información sobre a conferencia aquí: https://sciaccess.org/
9) Actividades destacadas
Eventos en 2021
a) STEM XR: Obradoiro interdisciplinario e colaborativo sobre comunicación en mundos virtuais
Lugar: virtual
Cando: do 1 de outubro de 2021 ao 1 de xaneiro de 2022
Sitio web: https://stemxr.org
b) II Obradoiro Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade
Lugar: virtual / La Palma, Illas Canarias, España
Cando: do 3 ao 7 de outubro de 2021
Sitio web: http://research.iac.es/congreso/quietdarksky2021/pages/home.php
c) Obradoiro Shaw-IAU Astronomía para a Educación
Lugar: virtual
Cando: do 12 ao 15 de outubro de 2021
Sitio web: https://astro4edu.org/siw2021/
d) SciAccess 2021
Lugar: virtual
Cando: 12 e 13 de novembro de 2021
Sitio web: https://sciaccess.org/
e) Astronomía Máis Alá dos Sentidos Comúns para a Accesibilidade e a Inclusión
Lugar: virtual
Cando: o 17 e 18 de novembro de 2021
Sitio web: https://accefyn.com/microsites/nodos/astroco/ii-workshop-on-astronomy-beyond-the-common-senses-for-accessibility-and-inclusion/
10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas
O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:
Árabe: https://stargazersbh.wixsite.com/bsac/iau
Traducións grazas aos membros do Club de Observación Astronómica de Bahrain.
Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.
Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.
Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley e Xabier Pérez Couto da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.
Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.
Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.
Xaponés: https://docs.google.com/document/d/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).
Se queredes traducir o noso boletín ao voso idioma, por favor escribídenos a public@oao.iau.org.
11) Contribucións ao boletín de divulgación da astronomía da IAU
Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgación astronómica en todo o mundo para incluílas no seguinte boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía. Se tedes algún evento astronómico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgación astronómica, enviádenos un correo a public@oao.iau.org con máis información.
Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!
Tradución: Martin Pawley e Xabier Pérez Couto (Agrupación Ío). Podedes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.