Boletín IAU de divulgación da astronomía

Outubro #2

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) Anúncianse os proxectos gañadores dos premios Astronomy@Home e as mencións de honra
2) Convocatoria de propostas “Baixo un mesmo ceo”
3) Novas NOC: Exipto, Turquía e Polonia
4) Semana Mundial do Espazo 2021: Contribucións NOC
5) Únete ás últimas campañas de 2021 de “Globe at Night”
6) A “Gaveta de Astrofísica” de Canarias
7) Dispoñíbeis as gravacións da presentación da conferencia “Global Hands-On Universe 2021”
8) Lanzamento do telescopio espacial Webb da NASA en decembro de 2021
9) Actividades destacadas
10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

Outubro foi un mes bastante intenso con varios eventos anuais importantes relacionados coa astronomía e o espazo, como as 100 Horas de Astronomía, a Semana Mundial do Espazo e a Noite Internacional de Observación da Lúa. Ao longo do mes destacamos numerosos eventos realizados polas nosas e nosos NOC da IAU e outras comunidades nacionais de todo o mundo. Queremos dar as grazas a todas as persoas polos diversos programas desenvolvidos e por compartiren estas iniciativas das que beneficiaron tanto estudantes como público xeral, centrándonos especialmente en grupos desfavorecidos en lugares remotos, persoas maiores e mulleres e nenas. Moitas grazas polos vosos esforzos.

En agosto de 2021 iniciamos un novo trienio até 2024. Xa recibiron o seu nomeamento oficial as e os novos representantes nacionais e queremos construír unha rede de divulgación máis representativa a nivel internacional. Animamos encarecidamente a todas as persoas que practican astronomía de forma profesional ou amadora a contactardes coa nosa rede NOC e unirvos aos nosos comités de divulgación nacionais da IAU en todo o mundo. Por favor, visitade as páxinas das coordinacións nacionais de divulgación da IAU do voso país, poñédevos en contacto coas e cos representantes e unídevos aos comités nacionais. Se o voso país non ten representante, valorade a posibilidade de asumirdes vós a coordinación nacional de divulgación.

Neste número queremos destacar os proxectos gañadores dos Premios Astronomy@Home, a iniciativa “Gaveta de Astrofísica” nas Illas Canarias e animámosvos a unirvos ás dúas últimas campañas de Globe at Night (GaN) para 2021.

Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,

Lina Canas, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía

1) Anúncianse os proxectos gañadores dos premios Astronomy@Home e as mencións de honra

Os premios Astronomy@Home 2020 recibiron máis de 400 eventos entre abril e agosto de 2020 en todo o mundo. Os 50 eventos seleccionados de 31 países diferentes distribúense en cinco categorías de premios.

Máis información: https://www.iau.org/public/iauoutreachaward/

2) Convocatoria de propostas “Baixo un mesmo ceo”

A convocatoria “Baixo un mesmo ceo” apoia proxectos arredor do Día Internacional dos Pobos Indíxenas que se celebra o 9 de agosto de 2022 co aval das Nacións Unidas. Os proxectos deben utilizar a astronomía cultural, a divulgación e a comunicación da astronomía para recoñecer o coñecemento indíxena e respectar os sistemas de aprendizaxe indíxenas cun enfoque baseado no dereito á aprendizaxe indíxena.

A convocatoria está aberta a todas as persoas e favoreceranse proxectos liderados por comunidades indíxenas. As propostas deben enviarse en liña antes das 23:59 na túa hora local do 31 de decembro de 2021.

Máis información: https://www.iau.org/public/oao/under-one-sky/

3) Novas NOC: Exipto, Turquía e Polonia

a) Ortogonalidade do Sol nos templos exipcios

O 19 de outubro de 2021, o Instituto Nacional de Investigación de Astronomía e Xeofísica (NRIAG) acolleu o evento “Ortogonalidade do Sol no Templo de Abu Simbel”, sobre un fenómeno único en que o Sol está perpendicular á estatua de Ramsés II no templo de Abu Simbel no sur de Exipto.

Máis información: https://sites.google.com/oao.iau.org/iauoaonews/latest-stories/nocegyptoct2021

b) V Escola de Astronomía Azarquiel (Online)

A V Escola de Astronomía de Azarquiel celebrarase en liña entre o 15 e o 19 de novembro de 2021. Adicarase a promover os intercambios culturais, salvar a brecha entre Oriente e Occidente, promover a docencia de nivel avanzado en Astronomía e motivar futuras actividades de investigación.

Podes ler o anuncio completo aquí: http://azarquielschool.online/

c) Retransmisión das charlas de dous premios Nobel

A Sociedade Astronómica Polaca fixo unha retransmisión pública das charlas de dous premios Nobel. Estas charlas foron as conferencias convidadas do 40º Encontro da Sociedade Astronómica Polaca. As charlas están dispoñíbeis en inglés.

Prof. Reinhard Genzel – Probas do paradigma dos buratos negros masivos: https://www.youtube.com/watch?v=9cd3lDhpRQk

Prof. Barry C. Barish – Comprender o noso universo con ondas gravitacionais: https://www.youtube.com/watch?v=h_jgyL8CtHg

4) Semana Mundial do Espazo 2021: Contribucións NOC

O Coordinador Nacional de Divulgación (NOC) da IAU para Alxeria, Mourad Hamdouche, informou de que a Asociación de Astronomía Sirius e a Asociación Africana de Astronomía, en colaboración co NOC de Alxeria, organizaron a conferencia en liña “Mulleres Alxerinas en Astronomía” para destacar as mulleres inspiradoras no campo da ciencia espacial e coñecer máis sobre os retos aos que se enfrontan e as leccións aprendidas para as xeracións futuras.

A Coordinadora Nacional de Divulgación (NOC) da IAU para Bahrein, Myriam Alqassab, celebrou a Semana Mundial do Espazo 2021 cun vídeo que destaca os logros das mulleres árabes no espazo e na astronomía. Podes ver o vídeo en Youtube: https://youtu.be/wY72bUNmxgs.

O Coordinador Nacional de Divulgación (NOC) da IAU para Etiopía, Alemiye Mamo, en colaboración coa Sociedade Etíope de Ciencia Espacial e o Instituto Etíope de Ciencia e Tecnoloxía Espacial, organizou un evento onde mulleres investigadoras e líderes que traballan en diferentes sectores do espazo en Etiopía compartiron as súas experiencias e discutiron os desafíos aos que se enfrontaron e como os superaron. O evento incluíu conferencias maxistrais e unha mesa redonda. Máis de 200 participantes asistiron ao evento e a maioría foron estudantes.

5) Únete ás últimas campañas de 2021 de “Globe at Night”

“Globe at Night” é unha campaña internacional de ciencia cidadá para concienciar o público sobre o impacto da contaminación luminosa que convida as persoas participantes a medir o brillo do ceo nocturno e enviar as súas observacións. As últimas datas para a campaña de 2021 son do 27 de outubro ao 5 de novembro e do 25 de novembro ao 4 de decembro de 2021.

Para saber máis: https://www.globeatnight.org/6-steps.php

6) A “Gaveta de Astrofísica” de Canarias

A relación de Canarias coa astrofísica é íntima: o arquipélago acolle un centro de investigación internacional e dous observatorios líderes a nivel mundial. En 2016 naceu “Gaveta de Astrofísica”, unha sección de divulgación quincenal publicada en “El Día”, o xornal máis importante do arquipélago con 128.000 lectores diarios. Co lema “Cada dúas semanas, investigación de vangarda feita en Canarias ou por persoas canarias en todo o mundo”, o obxectivo desta sección é achegar a ciencia ao seu verdadeiro propietario, o público en xeral, e dar a coñecer as e os investigadores locais que viven nas illas ou no estranxeiro. O repositorio “Gaveta de Astrofísica” é un caixón (que é o que significa “gaveta” en español) cheo de pezas de investigación de vangarda explicadas polas persoas que as fixeron, sen intermediarias.

Se entedes castelán e queres consultar máis sobre a “Gaveta de Astrofísica”, aquí tes as ligazóns aos máis de 120 artigos publicados até o momento: https://adrianadelorenzocaceres.wordpress.com/gaveta-de-astrofisica/

7) Dispoñíbeis as gravacións da presentación da conferencia “Global Hands-On Universe 2021”

As gravacións da conferencia “Global Hands-On Universe” de 2021 son un gran recurso para profesorado, estudantes, educadoras e educadores e profesionais da ciencia. Máis de cen vídeos (conferencias, presentacións, obradoiros) están dispoñíbeis na canle de Youtube de GHOU, incluíndo bastantes charlas das persoas que exercen as Coordinacións Nacionais de Divulgación da IAU.

Visita a canle de YouTube de GHOU aquí: https://www.youtube.com/playlist?list=PLmJNKv0Pbs3Md8LrMFEqzDttM7L9vmUQ5

8) Lanzamento do telescopio espacial Webb da NASA en decembro de 2021

O Telescopio Espacial James Webb da NASA está previsto que se lance o 18 de decembro. Será o principal observatorio do espazo profundo durante a próxima década e explorará todas as fases da historia cósmica, desde dentro do noso sistema solar até as galaxias observábeis máis afastadas do universo primitivo, e todo o que hai no medio.

Para obter máis información sobre a misión e outros recursos, visita o sitio web: https://www.nasa.gov/webb e https://www.webb.nasa.gov/index.html

9) Actividades destacadas

Eventos en 2021

a) STEM XR: Obradoiro interdisciplinario e colaborativo sobre comunicación en mundos virtuais
Lugar: virtual
Cando: do 1 de outubro de 2021 ao 1 de xaneiro de 2022
Sitio web: https://stemxr.org

b) SciAccess 2021
Lugar: virtual
Cando: 12 e 13 de novembro de 2021
Sitio web: https://sciaccess.org/

c) Astronomía Máis Alá dos Sentidos Comúns para a Accesibilidade e a Inclusión
Lugar: virtual
Cando: o 17 e 18 de novembro de 2021
Sitio web: https://accefyn.com/microsites/nodos/astroco/ii-workshop-on-astronomy-beyond-the-common-senses-for-accessibility-and-inclusion/

d) Ensino e Divulgación Pública da Astronomía: compartindo en liña as mellores prácticas
Lugar: virtual
Cando: do 18 ao 20 de novembro de 2021
Sitio web: https://astrosociety.org/get-involved/events/asp2021-a-virtual-conference/conference-overview.html

10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas

O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:

Árabe: https://stargazersbh.wixsite.com/bsac/iau
Traducións grazas aos membros do Club de Observación Astronómica de Bahrain.

Chinés (Simplificado): https://sdas.wh.sdu.edu.cn/info/1657/1261.htm
Tradución grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astronómica Shandong (SDAS) de China.

Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.

Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.

Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley e Xabier Pérez Couto da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.

Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.

Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.

Xaponés: https://docs.google.com/document/d/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).

Se queredes traducir o noso boletín ao voso idioma, por favor escribídenos a public@oao.iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación da astronomía da IAU

Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgación astronómica en todo o mundo para incluílas no seguinte boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía. Se tedes algún evento astronómico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgación astronómica, enviádenos un correo a public@oao.iau.org con máis información.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley e Xabier Pérez Couto (Agrupación Ío). Podedes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.