Boletín IAU de divulgación da astronomía

Outubro #1

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) Publicada en liña a versión 2.0 do caderno “Grandes ideas da astronomía”
2) Abertas as solicitudes para o premio de doutoramento IAU 2021
3) Divulgación para Proxectos de Desenvolvemento
4) Boletín do Grupo de Traballo sobre Mulleres na Astronomía da IAU
5) Xogo internacional de Caza de Código Astrofísico
6) Colabora escribindo para Astrobites
7) ALMA celebra 10 anos da súa primeira imaxe cun concurso para poñerlle nome ás súas antenas
8) Encontro da Sociedade Astronómica do Pacífico sobre “Ensino da astronomía e mediación co público: compartindo as mellores prácticas en liña”
9) Actividades destacadas
10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

A edición 2021 das 100 Horas de Astronomía concluíu con éxito grazas ao apoio da comunidade astronómica global e das nosas e dos nosos NOC da IAU que, do 1 ao 4 de outubro de 2021, celebraron “Todas as persoas xuntas baixo un mesmo ceo” en máis de 60 países. Prestade atención porque en breve anunciaremos os proxectos gañadores da Edición Especial Telescopios para todas as persoas.

A convocatoria de propostas “Baixo un mesmo ceo” está aberta actualmente para apoiar proxectos arredor do Día Internacional dos Pobos Indíxenas do Mundo que se celebra, con aval da ONU, o 9 de agosto de 2022. Non perdas a oportunidade de presentar a túa solicitude até o 31 de decembro de 2021.

Neste número destacamos o lanzamento da segunda edición do folleto “Grandes ideas da astronomía” e do sitio web dedicado, o Xogo Internacional de Caza do Código Astrofísico e animámosvos a colaborardes con Astrobites.

Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,

Lina Canas, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía

1) Publicada en liña a versión 2.0 do caderno “Grandes ideas da astronomía”

Que significa que alguén teña un sólido coñecemento básico de astronomía? Esta é a pregunta que inspirou o proxecto “Grandes ideas da astronomía: unha proposta de alfabetización astronómica”, que deu lugar a un caderno de once “Grandes ideas” publicado en maio de 2019. Agora lanzouse unha nova versión do recurso, xa non só como caderno senón tamén en forma de sitio web. Esta versión está dispoñíbel en varios idiomas.

Podes ler aquí o anuncio completo da IAU: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann21058/

2) Abertas as solicitudes para o premio de doutoramento IAU 2021

A IAU convida a presentar solicitudes para o seu Premio de Doutoramento 2021, un premio que celebra os logros destacados realizados a nivel mundial por investigadores e investigadoras que fan doutoramentos en astrofísica. O premio outórgase anualmente en cada unha das nove Divisións da IAU, incluída a División C de Educación, Divulgación e Patrimonio, en recoñecemento ao traballo de tese máis notábel realizada o ano anterior.

Máis información: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann21057/

3) Divulgación para Proxectos de Desenvolvemento

a) Vídeos de astronomía para nenas e nenos en lingua urdú

O proxecto Kainaat Kids é unha canle de Youtube que produce vídeos de astronomía en urdú (con subtítulos en inglés), dirixidos a nenos e nenas de 10 a 16 anos. Os vídeos de Kainaat Kids están escritos, producidos e narrados por persoas que se dedican á astronomía e a comunicación de Paquistán, o que fan que sexan máis identificábeis para o seu público obxectivo.

Máis información: https://www.astro4dev.org/2021/09/28/what-is-our-sun-made-up-of-kainaat-kids-urdu-video/

b) Equipo de estudantes de Bangladesh desenvolve unha aplicación de astronomía interactiva
O proxecto Pothikrit está a desenvolver unha aplicación de astronomía interactiva para popularizar a astronomía e a educación científica entre as novas xeracións de Bangladesh e de todo o mundo. As persoas usuarias tamén aprenderán sobre os desafíos urxentes da Terra a través da visión da astronomía. A aplicación lanzarase en bengalí e inglés.
Máis información: https://www.astro4dev.org/2021/10/04/bangladeshi-student-team-developing-interactive-astronomy-app

4) Boletín do Grupo de Traballo sobre Mulleres na Astronomía da IAU

O Grupo de Traballo (WG) de Mulleres en Astronomía (WiA) da Unión Astronómica Internacional (IAU) está preocupado pola situación das mulleres na astronomía en todo o mundo e traballa en crear conciencia, comunicar as preocupacións e reunir mulleres e homes para romper a brecha de xénero na astronomía.

Podes ler a última edición do boletín do GT aquí: https://sites.google.com/view/iau-women-in-astronomy/home/iau-wia-ensemble-magazine-newsletter?authuser=2

5) Xogo Internacional de Caza de Código Astrofísico

O Xogo internacional de Caza de Código Astrofísico é un xogo en liña que promove as habilidades dixitais e o pensamento computacional ao tempo que difunde coñecemento sobre lugares de todo o mundo (observatorios, centros de investigación, planetarios, fitos históricos etc.) onde é posíbel observar o ceo e dar sentido ao Universo. Foi desenvolvido polo INAF xunto coa Universidade de Urbino e Digit Srl e lanzado o 24 de setembro de 2021 durante a Noite Europea das Persoas Investigadoras.

Podes acceder á emisión en directo especial das 100 Horas de Astronomía aquí: https://www.youtube.com/watch?v=ygVLD4Gz-xE
e ao sitio web do Xogo Internacional de Caza de Código aquí: https://play.inaf.it/en/international-code-hunting-game/

6) Colabora escribindo para Astrobites

Astrobites é desde 2010 unha revista diaria de literatura astrofísica escrita por estudantes de posgrao en astronomía. O seu obxectivo é presentar cada día un artigo interesante nun formato breve que sexa accesíbel para estudantes de grao en ciencias físicas que teñan interese na investigación activa. Astrobites busca novas e novos estudantes de posgrao que se unan ao proxecto. As e os solicitantes deben ser estudantes de posgrao na actualidade. A solicitude debe presentarse até o 5 de novembro de 2021.

Máis información: https://astrobites.org/apply-to-write-for-astrobites/?fbclid=IwAR0lzSxSIAGWNBWEBhIz2OIFbsOprIomL8dES9oYj2iMZ3EBNoYotp2Pl40

7) ALMA celebra 10 anos da súa primeira imaxe cun concurso para poñerlle nome ás súas antenas

Hai dez anos, o 3 de outubro de 2011, o Atacama Large Millimeter/submillimeter Array (ALMA) abriu oficialmente as súas portas á comunidade astronómica co lanzamento da súa primeira imaxe: a colisión das Galaxias Antena, que demostrou o seu potencial e sinalou o inicio dunha década de éxitos na astronomía. Hai un mes comezaron as celebracións do seu décimo aniversario coa recollida de suxestións de nomes por parte do público para as 66 antenas de ALMA.

O resultado da votación está dispoñíbel aquí: https://www.almaobservatory.org/en/almanames/10th-anniversary-of-the-first-alma-image/
Podes ler máis sobre o décimo aniversario nesta ligazón: https://alma-telescope.jp/en/news/almanamesvote-202109

8) Encontro da Sociedade Astronómica do Pacífico sobre “Ensino da astronomía e mediación co público: compartindo as mellores prácticas en liña”

Científicas e científicos, profesionais da comunicación científica e da mediación co público en astronomía (e campos relacionados) poden participar no “Encontro virtual da Sociedade Astronómica do Pacífico sobre ensino e mediación co público: compartindo as mellores prácticas en liña” do 18 ao 20 de novembro de 2021.

Máis información: https://astrosociety.org/get-involved/events/asp2021-a-virtual-conference/conference-overview.html

9) Actividades destacadas

Eventos en 2021

a) STEM XR: Obradoiro interdisciplinario e colaborativo sobre comunicación en mundos virtuais
Lugar: virtual
Cando: do 1 de outubro de 2021 ao 1 de xaneiro de 2022
Sitio web: https://stemxr.org

b) SciAccess 2021
Lugar: virtual
Cando: 12 e 13 de novembro de 2021
Sitio web: https://sciaccess.org/

c) Astronomía Máis Alá dos Sentidos Comúns para a Accesibilidade e a Inclusión
Lugar: virtual
Cando: o 17 e 18 de novembro de 2021
Sitio web: https://accefyn.com/microsites/nodos/astroco/ii-workshop-on-astronomy-beyond-the-common-senses-for-accessibility-and-inclusion/

d) Ensino e Divulgación Pública da Astronomía: compartindo en liña as mellores prácticas
Lugar: virtual
Cando: do 18 ao 20 de novembro de 2021
Sitio web: https://astrosociety.org/get-involved/events/asp2021-a-virtual-conference/conference-overview.html

10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas

O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:

Árabe: https://stargazersbh.wixsite.com/bsac/iau
Traducións grazas aos membros do Club de Observación Astronómica de Bahrain.

Chinés (Simplificado): https://sdas.wh.sdu.edu.cn/info/1657/1261.htm
Tradución grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astronómica Shandong (SDAS) de China.

Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.

Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.

Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley e Xabier Pérez Couto da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.

Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.

Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.

Xaponés: https://docs.google.com/document/d/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).

Se queredes traducir o noso boletín ao voso idioma, por favor escribídenos a public@oao.iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación da astronomía da IAU

Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgación astronómica en todo o mundo para incluílas no seguinte boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía. Se tedes algún evento astronómico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgación astronómica, enviádenos un correo a public@oao.iau.org con máis información.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley e Xabier Pérez Couto (Agrupación Ío). Podedes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.