Boletín IAU de divulgación da astronomía
Agosto #1
Neste boletín:
0) Nota editorial
1) Benvida aos nosos novos coordinadores e coordinadoras de divulgación nacional da IAU
2) II Conferencia Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade
3) Boletín da Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento
4) Novas NOC: “Mohakash Khelaghor”, Obradoiro de astronomía para nenos e nenas
5) Curso en liña de astronomía e astroturismo
6) Comunidade de divulgación inclusiva da IAU
7) Prácticas en redes sociais da Europlanet Society
8) Simulación de medidas astronómicas antigas con Stellarium
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín de divulgación da astronomía da IAU
0) Nota editorial
Prezados amigos, amigas e colegas,
Encántanos anunciarvos os novos e novas representantes de divulgación nacional para o próximo trienio. Cada tres anos volve nomearse a nosa rede de coordinación nacional de divulgación da IAU. O noso foco para as candidaturas de 2021 (para o período 2021-2024) estivo en ampliar a nosa representación de comités NOC en países xa presentes nas nosas redes de divulgación con énfase no xénero e o equilibrio xeográfico e de grupos subrepresentados. Queremos aproveitar esta oportunidade para agradecerlle á anterior rede NOC a súa dedicación e as numerosas contribucións á divulgación, comunicación e implicación do público nas súas comunidades nacionais.
Neste número do boletín destacamos o próximo final dos prazos de rexistro para a II Conferencia de Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade; animámosvos a ler o último boletín da IAU OAD; a que vos unades á nosa comunidade de divulgación inclusiva da IAU e a descubrir moitas outras novas que a comunidade comparte connosco.
Por último, mais non menos importante, queremos enviar un cálido agradecemento e despedida á nosa compañeira Izumi Hansen, que dirixe este boletín desde 2020. Os nosos mellores desexos para os seus futuros proxectos.
Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,
Lina Canas, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgación de Astronomía
1) Benvida aos nosos novos coordinadores e coordinadoras de divulgación nacional da IAU
Desde principios de 2021 estamos no proceso de nomear os nosos novos e novas NOC para o período 2021-2024. Sempre que comezamos un novo trienio é triste separarnos de moitos dos nosos colegas, amigas e amigos. Queremos darlles as grazas e desexarlles todo o mellor para a viaxe que lles queda por diante e asegurarlles que sempre estaremos en contacto.
Ao mesmo tempo, tamén arelamos fortalecer a nosa colaboración cos novos e novas NOC e darlles apoio nas súas inspiradoras accións de divulgación, comunicación e involucración do público que levan a cabo coas súas comunidades.
Nas próximas semanas, previas á Asemblea Xeral da IAU 2021 (este ano só comprende sesións de traballo), presentaremos o conxunto de representantes NOC (nomes novos ou xa coñecidos) que se unirán a nós no próximo trienio.
Podes seguir todas as nosas actualizacións no noso Facebook e Twitter e aproveitar para coñecer a nosa rede NOC a través das súas páxinas oficiais aquí.
2) II Conferencia Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade
A Oficina de Asuntos do Espazo Exterior da ONU, o IAC e a IAU teñen o pracer de acoller a segunda conferencia sobre Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade, que terá lugar do 3 ao 7 de outubro de 2021 en La Palma (Canarias, España). A reunión, gratuíta, celebrarase tanto en liña como presencialmente.
O prazo de inscrición para a asistencia presencial remata o 15 de agosto de 2021 e o prazo de inscrición para a asistencia en liña remata o 15 de setembro de 2021
Máis información: https://iau.org/news/announcements/detail/ann21043/
3) Boletín da Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento
Publicouse o último boletín da oficina IAU OAD correspondente ao período de xaneiro a xuño de 2021. Podedes atopar (1) un artigo sobre a ameaza que representa a COVID-19 para o financiamento científico básico; (2) os 10 anos de Astronomía para o Desenvolvemento; (3) novas parcerías, reunións destacadas (con ligazóns a gravacións) e próximos eventos e (4) outras actualizacións da IAU e das súas oficinas, das oficinas rexionais da OAD e dos proxectos da OAD (con ligazóns a recursos e eventos)
Máis información: https://www.astro4dev.org/2021/07/30/iau-oad-newsletter-28-january-june-2021/
4) Novas NOC: “Mohakash Khelaghor”, Obradoiro de astronomía para nenos e nenas
O obradoiro foi organizado polo Coordinador Nacional de Divulgación (NOC) de Bangladesh, Farseem M. Mohammedy, conxuntamente coa Sociedade Astronómica de Bangladesh (BAS), a Sociedade de Divulgación da Ciencia de Bangladesh (SPSB), o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía e o programa de sensibilización sobre o universo.
Máis información: https://sites.google.com/oao.iau.org/iauoaonews/latest-stories/mohakash-khelaghor
5) Curso en liña de astronomía e astroturismo
Equipos da Universidade de Namibia e da Universidade de Oxford desenvolveron un novo curso introdutorio en liña sobre astronomía e astroturismo. O programa foi deseñado para guías turísticos como principal público obxectivo, mais calquera se pode rexistrar. Non é preciso coñecemento previo para participar.
O curso constará de cinco sesións de 1,5 horas e impartirase os martes ás 4 da tarde CAT (hora de África central, UTC + 2) a través de Zoom e é de balde.
O prazo para inscribirse remata o 18 de agosto de 2021. Para saber máis e rexistrarvos, completade o seguinte formulario: https://forms.gle/c6okSDfttXCvLmTo8
Queremos darlles as grazas a Hannah Dalgleish e Meghan Hughes por compartir a noticia.
6) Comunidade de divulgación inclusiva da IAU
O subgrupo sobre Divulgación Inclusiva do Grupo de Traballo IAU de Astronomía para a Equidade e a Inclusión dá a benvida a todas e todos os que se queiran unir á súa “Comunidade IAU de Divulgación Inclusiva” en Facebook. O obxectivo deste grupo é facilitar o desenvolvemento e a difusión de prácticas inclusivas en actividades de divulgación da astronomía en todo o mundo. Únete ao grupo, comparte as túas experiencias e aprende dos demais!
Podes acceder ao grupo aquí: https://www.facebook.com/groups/iauinclusiveoutreach
7) Prácticas en redes sociais da Europlanet Society
Europlanet busca membros da comunidade dispostos a apoiar o seu equipo de comunicación durante o EPSC 2021 a través dos seguintes programas de prácticas:
-Prácticas en Redes Sociais: as persoas seleccionadas para as Prácticas en Redes Sociais apoiarán o equipo de RRSS na cobertura das sesións en directo durante a reunión.
-Prácticas en medios: as persoas seleccionadas para as prácticas en medios apoiarán o equipo da oficina de prensa na preparación dos materiais para os medios.
As solicitudes deberán presentarse o 16 de agosto de 2021.
Para saber máis: https://www.europlanet-society.org/european-planetary-science-congress/epsc-2021-social-media-and-media-internships-call/
8) Simulación de medidas astronómicas antigas con Stellarium
Este conxunto de actividades en liña, usando unha combinación de Google Earth e o software Stellarium, leva as usuarias e usuarios a facer unha viaxe arredor do mundo e tamén no tempo, explorando civilizacións antigas que lle revelarán os seus métodos para usar o Sol, outras estrelas e a Lúa para atopar direccións. En xeral estas persoas adquiren unha experiencia que as motiva a conectarse máis coas marabillas do ceo. Axeitado para calquera persoa que teña unha comprensión básica da ciencia (a partir dos 14 anos).
Tamén podes atopar un conxunto de tarefas de Stellarium que simulan as achegas da astronomía antiga e medieval: https://www.mysciencewalks.com/stellarium-resources.html e unha plataforma en Google Earth e Stellarium para ensinar a navegación celeste básica: https: //www.mysciencewalks.com/navigating-with-the-stars.html.
Queremos darlle as grazas a Vassilios Spathopoulos e á IAU OAD por compartir estas novas.
9) Actividades destacadas e repositorio de recursos en liña
a) Conferencia Global Hands on Universe (GHOU) 2021
Lugar: virtual
Cando: do 23 ao 27 de agosto de 2021
Sitio web: https://handsonuniverse.org/ghou2020/
b) STEM XR: Obradoiro interdisciplinario e colaborativo sobre comunicación en mundos virtuais
Lugar: virtual
Cando: do 1 de outubro de 2021 ao 1 de xaneiro de 2022
Sitio web: https://stemxr.org
c) II Obradoiro Ceos Escuros e Tranquilos para a Ciencia e a Sociedade
Lugar: virtual / La Palma, Illas Canarias, España
Cando: do 3 ao 7 de outubro de 2021
Sitio web: http://research.iac.es/congreso/quietdarksky2021/pages/home.php
d) Obradoiro Shaw-IAU Astronomía para a Educación
Lugar: virtual
Cando: do 12 ao 15 de outubro de 2021
Sitio web: https://astro4edu.org/siw2021/
Podedes atopar recursos gratuítos para a divulgación da astronomía en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing
10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas
O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:
Árabe: https://stargazersbh.wixsite.com/bsac/iau
Traducións grazas aos membros do Club de Observación Astronómica de Bahrain.
Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.
Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.
Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley e Xabier Pérez Couto da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.
Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.
Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.
Xaponés: https://docs.google.com/document/d/1yko0aYt8OMK9g8KDA_m1hq5ik5xVEEI1UE7Y2GhGl70/edit#heading=h.kecmyoqyl8e9
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).
Se queredes traducir o noso boletín ao voso idioma, por favor escribídenos a public@oao.iau.org.
11) Contribucións ao boletín de divulgación da astronomía da IAU
Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgación astronómica en todo o mundo para incluílas no seguinte boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía. Se tedes algún evento astronómico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgación astronómica, enviádenos un correo a public@oao.iau.org con máis información.
Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!
Tradución: Martin Pawley e Xabier Pérez Couto (Agrupación Ío). Podedes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.