Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Novembro #2

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) CAPjournal #28 – Lanzamento da edición especial IAU100
2) Emisión gratuíta en liña do Simposio IAU 367
3) Novas NOC: Concurso de debuxo en Togo
4) Rexistra o evento do Día da Astronomía nas Escolas para a eclipse de decembro
5) Guía en liña gratuíta: Astronomía de moitas culturas
6) Recursos “Pregúntalle a un astrónomo ou unha astrónoma”
7) LightSound e Orchestar
8) Concurso de ensaio científico Científic@s por un día 2020-2021
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

Ao achegármonos ao final do ano, o noso equipo estivo especialmente ocupado arroupando os nosos proxectos de 2020. O máis recente é o número especial do CAPjournal sobre as celebracións do centenario da IAU. O noso equipo invitou á secretaría IAU100 a unirse á edición deste número especial e revisar algúns dos proxectos de divulgación da celebración da astronomía en 2019. O IAU100 foi realmente un evento global e queremos aproveitar esta oportunidade para dar as grazas de novo a todas as persoas que nos acompañaron nas celebracións.

Neste número tamén queremos chamar a atención sobre a próxima eclipse total de sol en decembro (compartiremos máis recursos na próxima edición do boletín), o Simposio 367 da IAU e animarvos a vós e aos e as estudantes a participar no concurso de ensaio “Científic@s por un día” 2020 -2021.

Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,

Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgación de Astronomía (OAO) da IAU

1) CAPjournal #28 – Lanzamento da edición especial IAU100

Xa saíu o número 28 da revista Comunicar Astronomía co Público (CAPjournal). Esta edición especial está dedicada ás celebracións IAU100 e conta coa secretaría IAU100 como equipo editor convidado. A revista inclúe unha análise detallada do enfoque e a metodoloxía empregada para a coordinación xeral da iniciativa IAU100, así como o que aconteceu “por detrás das cortinas” en proxectos IAU100 de éxito como o IAU100 NameExoWorlds e a exposición IAU “Arriba e máis aló”.

Para saber máis: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann20040/

2) Emisión gratuíta en liña do Simposio IAU 367

O simposio IAUS367: Educación e Patrimonio na era da Astronomía de Macrodatos transmitirá boa parte do seu programa de balde en Youtube. O simposio céntrase no futuro da educación astronómica nesta nova era da investigación astronómica. O simposio celebrarase entre o 8 e o 12 de decembro de 2020.

Máis información: http://sion.frm.utn.edu.ar/iaus367/index.php/science-programme/

3) Novas NOC: Concurso de debuxo en Togo

O noso NOC Togo Doh Koffi Addor e o parceiro de Telescopes4All Sterren Schitteren Voor Iedereen (“As estrelas brillan para todas as persoas”, SSVI) anunciaron os nomes das persoas gañadoras do concurso nacional de debuxo. O concurso creouse para involucrar os nenos e nenas na astronomía dun xeito seguro durante a pandemia.

Máis información: http://ssvi.be/drawing-competition.html?fbclid=IwAR2TK_4l9wr9HSocJMCxrH-mkz3nMwPN_jwXX0z31XiBT1ymr18a8eLUesI

4) Rexistra o evento do Día da Astronomía nas Escolas para a eclipse de decembro

Os e as docentes, investigadores e investigadoras que acollan eventos para a eclipse solar do 14 de decembro poden rexistrar o seu evento no calendario Día da Astronomía nas Escolas, organizado pola Comisión IAU C1 Educación Astronómica e Desenvolvemento. Como inspiración, a Comisión C1 tamén recolleu recursos didácticos sobre eclipses no seu sitio web.

Para saber máis: https://iau-dc-c1.org/eclipse-2020/

5) Guía en liña gratuíta: Astronomía de moitas culturas

A Sociedade Astronómica do Pacífico lanzou a guía de recursos “Astronomy of Many Cultures” (Astronomía de moitas culturas). A guía compila recursos sobre astronomía e sobre astrónomos e astrónomas de diferentes culturas, con especial foco nas culturas non brancas.

Podes lela aquí: http://bit.ly/astrocultures

6) Recursos “Pregúntalle a un astrónomo ou unha astrónoma”

Moitos astrónomos e astrónomas adoran responder as preguntas do público, e hai moitos grupos que permiten que a xente remita preguntas astronómicas. Se tes unha pregunta breve sobre astronomía, proba con algúns dos grupos que indicamos baixo estas liñas:

Universidade de Cornell: http://curious.astro.cornell.edu/

NASA’s Goddard Space Flight Center: https://imagine.gsfc.nasa.gov/ask_astro/index.html

Observatorio Nacional de Radioastronomía: https://public.nrao.edu/ask/

Persoas voluntarias asociadas ás Universidades de Texas e o Observatorio McDonald: https://askanastronomer.org/

Se coñeces algún programa semellante no teu país, por favor, fáinolo saber por correo electrónico a public@oao.iau.org.

7) LightSound e Orchestar

Investigadores e investigadoras da Universidade de Harvard crearon dous sistemas que permiten que as persoas cegas ou con baixa visión escoiten fenómenos relacionados coa luz, coma as eclipses. Estes sistemas, LightSound e Orchestar, teñen instrucións gratuítas dispoñíbeis en liña.

Para saber máis: http://astrolab.fas.harvard.edu/LightSound-IAU100.html

8) Concurso de ensaio científico “Científic@s por un día” 2020-2021

A NASA celebra unha vez máis o concurso de ensaio científico “Científic@s por un día” 2020-2021. O certame da NASA está aberto a estudantes, que deben ter un profesor ou profesora de apoio. Pídese que investiguen tres lúas de Urano, Ariel, Oberón e Titania, e que escollan cal sería o mellor lugar para visitar cunha sonda espacial algún día. O regulamento completo e outros detalles da competición internacional están no sitio web.

Máis información: https://rps.nasa.gov/scientist-for-a-day/?fbclid=IwAR2JnHgmSaVPJiAZ3ALB_R7Rg6otAAu6uGqFOlKv1ZA17KIaaNX-gd1pytE

9) Repositorio de actividades e recursos en liña – Edición COVID-19

Eventos

AstroZoom
Que: Conferencias públicas de introdución á astronomía en lingua parsi.
Cando: Periodicamente. Ver ligazón.
Onde: https://www.astrozoom.ir

Asociación Tunesina Astronómica Xuvenil 
Que: Conferencias e sesións de preguntas e respostas en diversos idiomas.
Cando: periodicamente. Ver ligazón.
Onde: https://www.facebook.com/TunisianAssociationOfYoungAstronomers/

Recursos

Astronarium
Que: Programa de televisión producido pola Sociedade Astronómica Polaca e a Televisión Polaca co apoio do Ministerior Polaco de Ciencia.
Cando: Episodios pasado dispoñíbeis en Youtube.
Onde: https://www.youtube.com/AstronariumPL

Podes ver a listaxe completa de recursos e eventos en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing

10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas

O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:

Árabe: https://stargazersbh.wixsite.com/bsac/our-team
Traducións grazas aos membros do Club de Observación Astronómica de Bahrain.

Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.

Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.

Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.

Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.

Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.

Xaponés: http://bit.ly/2xlNyCR
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).

Se queres traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor escríbenos a public@oao.iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2020!

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.