Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)
Decembro 2019 #1
Neste boletín:
0) Nota dos editores
1) Actividades en todo o mundo para o 30 aniversario do “Punto azul pálido”
2) Os resultados das campañas IAU100 NameExoWorlds anunciaranse o 17 de decembro
3) Nova edición dispoñible do Catalizador IAU
4) Solicitude de recursos para nenos e nenas despois do terremoto de parte do NOC para Albania
5) Kits de telescopios educativos
6) Celebra a arte e a astronomía todos os días no mes de decembro
7) Concurso de Ensaio 2020 Científicos e científicas da NASA por un día
8) Primeiro simposio da IAU sobre Inclusión e Diversidade realizado no NAOJ
9) Reunións e eventos globais
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU
0) Nota dos editores
Prezados amigos, amigas e colegas,
Finaliza en poucos días o 2019 e queremos comezar 2020 da mellor maneira con algúns proxectos que conclúen esta década e levan as celebracións á próxima.
Neste número, destacamos unha serie de eventos relacionados coa conclusión do IAU100, incluído o anuncio de NameExoWorlds e o evento global final, e tamén proxectos para que os estudantes se involucren máis na astronomía.
Ademais, nunha nota triste mais esperanzadora, temos unha solicitude de recursos da Coordinación de Divulgación Nacional (NOC) de Albania para os nenos e nenas afectados polo terremoto do 26 de novembro. Esperamos que leades a súa mensaxe para obter máis información.
Desexámosvos ceos despexados!
Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgación de Astronomía da IAU
1) Actividades en todo o mundo para o 30 aniversario do “Punto azul pálido”
Para rematar o IAU100, o planeta Terra será a última parada das celebracións. Desde o 13 ao 20 de febreiro de 2020, a IAU anima ás persoas a aprender como a astronomía nos mostra o noso lugar no universo e pode axudarnos a abordar os desafíos globais.
Hai máis información dispoñible aquí: https://www.iau-100.org/pale-blue-dot-announcement
2) Os resultados das campañas IAU100 NameExoWorlds anunciaranse o 17 de decembro
Marcade a data no calendario! O 17 de decembro (horario CEST), a Unión Astronómica Internacional anunciará os nomes seleccionados dos sistemas de estrelas e exoplanetas das campañas #IAU100 #NameExoWorlds! A conferencia de prensa transmitirase ao vivo na canle de Youtube da IAU desde o Observatorio de París de 11:00 a 12:00 CET (10:00-11:00 UTC).
Canle de YouTube da IAU: https://www.youtube.com/channel/UCc3I9q-N0NA05vIYeNMmtTw
Máis información: https://iau.org/news/announcements/detail/ann19069/
3) Nova edición dispoñible do Catalizador IAU
A edición de decembro de 2019 do Catalizador IAU xa está dispoñible en liña. Lanzado en xuño deste ano, o Catalizador UAI resume o traballo relacionado con varias das estruturas e membros da IAU e outras organizacións e institucións científicas internacionais. Cada número inclúe noticias internas da organización, informes sobre reunións científicas, noticias de proxectos astronómicos en curso e moito máis.
Podedes lelo aquí: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann19068/
4) Solicitude de recursos para nenos e nenas despois do terremoto de parte do NOC para Albania
O 26 de novembro de 2019, o noroeste de Albania foi golpeado por un forte terremoto que afectou a Tirana, a capital de Albania, e dúas cidades próximas. Moitas persoas, incluídas nenos e nenas, resultaron feridas. Moitas escolas quedaron danadas, mais hai pouco abríronse de novo para proporcionar un ambiente positivo e entretido para os nenos.
Mirjeta Domi, que se encarga da coordinación da divulgación nacional en Albania, está a solicitar recursos ou información sobre recursos relacionados co entretemento, a codificación, a seguridade ou a astronomía da comunidade astronómica mundial.
“Os pais e nais expresaron o impacto positivo das actividades relacionadas coa astronomía nos seus fillos e fillas, polo que nos gustaría implementar programas sobre como as actividades de astronomía poden axudar á rapazada a superar o trauma sufrido polo terremoto”, díxonos Mirjeta.
Se ti ou a túa institución queredes brindar algún apoio con recursos, contactade con Mirjeta Domi (domi.mirjeta@gmail.com) ou con nós na Oficina de Divulgación de Astronomía da IAU en outreach@iau.org.
5) Kits de telescopios educativos
a) Galileoscopio
O kit de telescopio educativo Galileoscopio ten un novo fogar e agora acepta novas solicitudes. Galileoscopio foi creado baixo os auspicios da Unión Astronómica Internacional como un proxecto central do Ano Internacional da Astronomía 2009 e o Ano Internacional da Luz 2015. Nos últimos 10 anos distribuíronse máis dun cuarto de millón de kits de Galileoscopios a mestres, estudantes e outros entusiastas en máis de 110 países!
Formulario de interese no Galileoscopio: http://galileoscope.org/galileoscope-expression-of-interest/
Máis información sobre as actividades educativas do Galileoscopio: http://galileoscope.org/observing-activity-guides/
b) Kit de telescopio Kaifu-NAOJ
Producido polo Observatorio Astronómico Nacional de Xapón (NAOJ), o kit de telescopio Kaifu-NAOJ ten como obxectivo proporcionar un telescopio de baixo custo que poida usarse na educación. Este é un telescopio especial dentro das celebracións da IAU100, dedicado á memoria do ex presidente da IAU, Norio Kaifu, quen soñou co proxecto “unha familia, un telescopio”.
Máis información (en xaponés) aquí: https://www.nao.ac.jp/study/naoj-tel-kit/
6) Celebra a arte e a astronomía todos os días no mes de decembro
Dentro das celebracións do centenario da IAU, o Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço (IA) lanzou o sitio web “Do the Stars Gaze Back? Arte inspirado no universo”, un calendario de decembro que vincula obras de arte con fitos en astronomía e a exploración espacial.
Máis información aquí: https://www.iau-100.org/do-the-stars-gaze-back
7) Concurso de Ensaio 2020 Científicos e científicas da NASA por un día
A NASA abriu o prazo do seu concurso de ensaios Científicos e científicas por un día. Os e as estudantes poden enviar un ensaio explicando cal das seguintes lúas é a máis interesante e por que: a lúa de Urano, Miranda, a lúa de Neptuno, Tritón, ou a lúa de Plutón, Caronte.
Os mestres e mestras poden usar este concurso como unha actividade para conseguir que o alumnado se interese polas viaxes espaciais e a ciencia planetaria. Acollen versións do concurso os seguintes países: Aruba, Australia, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Canadá, Grecia, Irán, Quenia, Líbano, México, Marrocos, Nepal, Nova Zelandia, Nicaragua, Nixeria, Romanía, Arabia Saudita, Escocia, Senegal, Corea do Sur, Sri Lanka, Turquía e Venezuela. As datas de envío poden ser diferentes segundo o país.
As liñas xerais e máis información sobre concursos están aquí: https://solarsystem.nasa.gov/scientist-for-a-day/
8) Primeiro simposio da IAU sobre Inclusión e Diversidade realizado no NAOJ
Do 12 ao 15 de novembro de 2019 tivo lugar o Simposio IAU 358 sobre “Astronomía para a equidade, a diversidade e a inclusión: unha folla de ruta para a acción no marco do centenario da IAU” no Campus de Mitaka en Xapón, que acolleu a 124 participantes de 31 países diferentes. Este evento IAU100 tiña como obxectivo crear unha estratexia de acción centrada nas persoas para mellorar a diversidade en astronomía.
Tedes máis información aquí: https://www.iau-100.org/iaus358
9) Encontros e actividades globais
Aquí podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgación e educación astronómica en todo o mundo. Planifica con antelación un ano moi especial para a astronomía, cheo de eventos interesantes!
a) Primeiro obradoiro Shaw-IAU de “Astronomía para a educación”
Datas: do 17 ao 19 de decembro de 2019
Lugar: París, Francia
Máis información: https://www.iau.org/education/oae/shaw-iau-workshop/
b) Encontro rexional IAU Asia-Pacífico (APRIM)
Datas: do 6 ao 10 de xullo de 2020
Lugar: Perth, Australia
Máis información: https://aprim2020.org/
c) Conferencia CAP 2020
Datas: do 21 ao 25 de setembro de 2020
Lugar: Sydney, Australia
Máis información: https://www.communicatingastronomy.org/cap2020/
Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.
10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas
-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;
-Traducións ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;
-Traducións ao galego, por Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;
-Traducións ao español, elaboradas por Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;
-Tradución ao italiano, feitas por Eleonora Piromalli, AstronomiAmo, de Italia, nesta ligazón: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
-Tradución ao ruso, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astronómico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as últimas traducións do boletín aquí.
-Tradución ao portugués elaborada por Catarina Leote e João Ferreira a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica (o último número do boletín está aquí).
Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2019!
Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.
Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.