No tempo de Rosalía a contaminación luminosa non existía e en consecuencia todas as persoas convivían con naturalidade coa noite. O firmamento e os corpos celestes formaban parte do seu día a día e inevitabelmente están integrados na súa literatura. A noite, símbolo a miúdo de soidade e desgraza, é tamén refuxio e compañía para a autora, e a Lúa e as estrelas serán interlocutores habituais do seus sentimentos máis íntimos.
Colleume a noite,
noite brillante,
cunha luniña
feita de xaspes,
e fun con ela
camiño adiante,
cas estreliñas
para guiarme,
que aquel camiño
solo elas saben.
[Cantares gallegos]
craro é sempre o luar,
por antre as tellas entran os seus raios
i hastra ó meu leito van,
i así durmo alumado pola lámpara
que ós probes lle luz dá.
Lámpara hermosa, eternamente hermosa,
consolo dos mortals.
[Follas novas]
Los astros son innúmeros, al cielo
no se le encuentra fin,
y este pequeño mundo que habitamos,
y que parece un punto en el espacio,
inmenso es para mí.
[En las orillas del Sar]
Consulta outras entradas da serie Estrela Rosalía. Campaña desenvolvida coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro. Agradecementos: Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Edicións Xerais de Galicia.