Días
Categories
Tags
Venues
- 033 Febreiro, 2024
Observación de aves nocturnas e estrelas
https://agrupacionio.com/gl/event/observacion-de-aves-nocturnas-y-estrellas/Observación de fauna nocturna e das estrelas do ceo de inverno organizada polo Grupo Naturalista Hábitat. A Agrupación Ío colabora guiando a observación astronómica. Cómpre inscrición previa.
- 033 Febreiro, 2024
Sesión de cinema na Filmoteca de Galicia
https://agrupacionio.com/gl/event/sesion-de-cine-en-la-filmoteca-de-galicia/Filmoteca de GaliciaRúa Durán Loriga, 10, 15003 A CoruñaProxección na Filmoteca de Galicia dos seguintes filmes: “L. Cohen” (James Benning, 2016), que rexistra a eclipse de Sol total de 2017 dende unha granxa en Oregón, EEUU; e “Eventide” (Sharon Lockhart, 2022) que amosa o movemento dun grupo de persoas nunha praia de Suecia mentres avanza a escuridade da noite e o ceo se poboa de estrelas. A sesión será presentada polo socio da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e crítico de cinema Martin Pawley.
- 2020 Febreiro, 2024
Conferencia e debate: "Excesso de luz" (Lisboa)
https://www.culturgest.pt/pt/programacao/raul-cerveira-lima-martin-pawley/Conferencia co título “Excesso de luz”, dentro do ciclo “Aqui, o Universo” organizado pola Culturgest en parcería co Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço (IA). A palestra ten como tema a polución luminosa, o impacto da luz artificial sobre a saúde e a natureza mais tamén sobre o patrimonio inmaterial, cultural e científico asociado á paisaxe das estrelas. Participa Raul Cerveira Lima, do Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço (IA), Universidade de Coimbra e Politécnico do Porto, e Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío), con Maria Serrano, comunicadora de ciência e membro da Rede de Comunicação de Ciência e Tecnologia de Portugal – SciComPt. como moderadora. Máis información no web da Culturgest e do IAstro.
- 2323 Febreiro, 2024
23-F, día de Rosalía: un día con estrela
https://agrupacionio.com/gl/event/23-f-dia-de-rosalia-un-dia-con-estrella/O 23 de febreiro é o Día de Rosalía, un día con estrela. Podes descargar aquí o póster en PDF que deseñou Marta Cortacans para a Agrupación Ío para imprimilo e difundir así esta efeméride que une as letras e as ciencias: Póster 23-F Día de Rosalía – Un día con estrela (137 KB)
Se formas parte dun centro educativo ou cultural, biblioteca, museo ou similar, e precisas unha copia en papel do póster (tamaño A3), escríbenos ao correo info [at] agrupacionio.com.