O 17 de decembro de 2019 a Unión Astronómica Internacional (IAU, polas súas siglas en inglés) deu a coñecer os nomes oficiais de 112 estrelas e os seus exoplanetas no proxecto IAU100 NameExoWorlds. Dende esa data hai unha estrela no ceo que leva oficialmente o nome de Rosalíadecastro, froito dunha campaña emprendida pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
O próximo sábado 7 de marzo ás 17:30h no salón de actos do MUNCYT A Coruña, o noso compañeiro Martin Pawley impartirá unha charla na que falaremos sobre esta estrela e sobre a presenza da noite e do firmamento na obra da xenial autora galega Rosalía de Castro.
A actividade é gratuita sen inscrición previa ata completar aforo.