Días
Categories
Tags
Venues
Visita guiada: fondo astronómico antigo da Biblioteca da Casa Consulado
Visita guiada á Biblioteca da Casa Consulado, con especial atención ao seu fondo astronómico antigo. Prazas limitadas (máximo 10 persoas).

Conferencia de Antón Baleato Lizancos: "A cosmoloxía: pasado, presente e futuro do Universo"
Conferencia a cargo do cosmólogo coruñés Antón Baleato Lizancos (Berkely Center for Cosmological Physics, UC Berkeley & Lawrence Berkeley National Laboratory, CA, EEUU).
Entrada gratuíta e por orde de chegada. Obrigatorio o uso de máscara.

Conferencia de Alba Fernández-Barral: “CTAO y los Rayos Gamma: Explorando el Universo más Energético desde la Tierra”
Sentímolo moito, ista entrada atopase unicamente en Español.

Conferencia e observación do ceo a simple vista na Casa de Rosalía
Conferencia e observación do ceo a simple vista e con prismáticos desde a horta da Casa de Rosalía en Padrón a cargo de Martin Pawley e Xabier Pérez Couto. Haberá dúas quendas: de 19:30 a 20:30 e de 22:30 a 23:30. En cada quenda de observación iremos explicando cuestións científicas sobre o ceo enriba das nosas cabezas, así como diferentes aspectos da cultura e as tradicións asociadas ao firmamento. Convidamos ás persoas que asistan a que traian os seus propios prismáticos, se dispoñen deles, para a observación de obxectos de ceo profundo.
Información útil: entrada libre, uso obrigatorio de máscara segundo as recomendacións COVID vixentes.