Calendario

Amosar filtros

Días

Categories

Tags

Venues

Reset Filters
< 2021 >
Novembro
Xov Nov 1 1

Conferencia de Xabier Pérez Couto: «Catálogos e bases de datos astronómicos»

Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita, A Coruña

Conferencia a cargo de Xabier Pérez Couto, matemático e divulgador que mantén o canal de Youtube sobre astronomía “AstroXabi” e socio da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Nesta conferencia falará da orixe e evolución dos diferentes catálogos astronómicos ao longo da historia, os cales constitúen unha das primeiras publicacións científicas da antigüidade.

Entrada gratuíta e por orde de chegada para o público xeral. Obrigatorio o uso de máscara.

Ven Nov 1 9

Conferencia e observación a simple vista na Casa de Rosalía

Casa de Rosalía
A Matanza, s/n 15917 Padrón (Galicia)

Conferencia e observación do ceo a simple vista desde a horta da Casa de Rosalía en Padrón a cargo de Martin Pawley e Xabier Pérez Couto. Entrada libre, uso obrigatorio de máscara segundo as recomendacións COVID vixentes. Convidamos ás persoas que asistan a que traian os seus propios prismáticos, se dispoñen deles, para a observación de obxectos de ceo profundo.

Haberá dúas quendas de observación, con rexións diferentes do ceo para observar:

-Ás 19:30: planetas e constelacións de verán e outono.

-Ás 22:30: introdución ao ceo de inverno.

Durante a observación iremos explicando cuestións científicas sobre o ceo enriba das nosas cabezas, así como diferentes aspectos da cultura e as tradicións asociadas ao firmamento.