Amosar filtros

Categories

Reset Filters
< 2025 >
Febreiro
  • 03
    3 Febreiro, 2025

    Obradoiro e observación no IES de Viós (Abegondo)

    18:00 -20:00
    03/02/2025
    IES de Viós (Abegondo)
    A Poceira, 8, 15318 Viós, A Coruña

    Obradoiro de astronomía e observación no IES de Viós (Abegondo) para a comunidade educativa do centro. Actividade non aberta ao público.

  • 12
    12 Febreiro, 2025

    Introdución á astronomía - Obxectivo Bibliotk

    17:00 -18:30
    12/02/2025
    Biblioteca Municipal do Castrillón
    Plaza Pablo Iglesias, s/n, 15001 A Coruña

    Obradoiro de planisferios coa rapazada que participa na actividade “Obxectivo Bibliotk” da Biblioteca do Castrillón (A Coruña).

  • 23
    23 Febreiro, 2025

    23-F, día de Rosalía: un día con estrela

    00:00 -23:59
    23/02/2025

    23 de febreiro é o Día de Rosalía, un día con estrela. Podes descargar aquí o póster en PDF que deseñou Marta Cortacans para a Agrupación Ío para imprimilo e difundir así esta efeméride que une as letras e as ciencias: Póster 23-F Día de Rosalía – Un día con estrela (137 KB)

    Se formas parte dun centro educativo ou cultural, biblioteca, museo ou similar, e precisas unha copia en papel do póster (tamaño A3), escríbenos ao correo info [at] agrupacionio.com.