IAU Boletín Blog

Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Setembro 2017 #1

Neste boletín:

0) Nota dos editores
1) Comunicar Astronomía co Público 2018 – Actualización
2) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Colombia
3) Mitaka, visor dixital do universo en catro dimensións
4) Certame de ensaio “Espazo e Sociedade”
5) HISTORIAS de Mañá
6) Fundación Supernova – Formación para mulleres en física
7) Proxecto de Astronómia Solar Charlie Bates – Sección de Nicaragua
8) “Big Ideas: Museums and Momentum” – segunda conferencia anual
9) Encontros e actividades globais
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

0) Nota dos editores

En 2018, del 24 al 28 de marzo, Fukuoka, Xapón, acollerá a Conferencia Comunicar Astronomía co Público. A data límite para solicitar bolsas de viaxe é o 15 de setembro de 2017. Non perdades esta oportunidade de participar no CAP 2018.

Neste número destacamos a última edición do software de simulación do universo gratuíto Mitaka, Historias de Mañá, un proxecto de investigación e desenvolvemento financiado pola Comisión Europea, e o certame de ensaio Espazo e Sociedade da Asociación World Space Week (Semana Mundial do Espazo) e a Oficina das Nacións Unidas para os asuntos do espazo exterior (UNOOSA).

Dámoslles as grazas aos nosos lectores polas vosas continuas contribucións a este boletín. O Boletín IAU de Divulgación Astronómica é unha publicación xerada polos usuarios que atende ás últimas tendencias da comunidade internacional de divulgadores e educadores. Grazas por axudarnos a traer aos nosos lectores as mellores actividades, recursos e actividades de todo o mundo que alentan un espírito de colaboración global.

Feliz lectura e ceos despexados!

O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU

1) Comunicar Astronomía co Público 2018 – Actualización

Comunicar Astronomía co Público 2018 celebrarase en Fukuoka, Xapón, do 24 ao 28 de marzo. O equipo vén de anunciar as últimas noticias sobre a conferencia. Haberá libro de actas da conferencia, tanto en versión impresa como dixital. CAP 2018 acollerá diversas actividades satélite coma o obradoiro UNAWE – IAU CC1 e o obradoiro Programa Galileo de Formación do Profesorado. Todos os participantes do CAP 2018 están convidados a unirse a estas actividades, das cales xa se anunciaron cinco poñentes. Hai dúas modalidades de bolsas: “Bolsa de viaxe IAU” e a “Bolsa para comunicadores de ciencia Asia-Pacífico”. A data límite para as solicitudes é o 15 de setembro de 2017.

Podes consultar toda a información aquí: https://www.communicatingastronomy.org/cap2018/

2) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Colombia

a) Rede Colombiana de Astronomía – RAC 2017

Santiago de Cali acollerá o encontro da Rede Colombiana de Astronomía, do 13 ao 16 de outubro de 2017. O tema central do XVII RAC 2017 será a navigación do espazo, “60 anos de exploración espacial”, en memoria do lanzamento do Sputnik o 4 de outubro de 1957, o primeiro satélite artificial posto en órbita. Este encontro acollerá dous programas: o primeiro “Encontro de Astronomía Infantil e Xuvenil”, que levará a ciencia espacial aos máis novos, e o “Festival de Observación do Ceo”, que xuntará os máis potentes telescopios na cidade.

Podes atopar máis información sobre o encontro aquí: http://bit.ly/2eF6shn (en español)

3) Mitaka, visor dixital do universo en catro dimensións

O programa Mitaka, versión 1.4.1, vén de ser lanzada con Realidade Virtual dispoñíbel e manual en ingles. Mitaka é un programa gratuíto e descargábel que crea unha visualización do universo baseada en datos astronómicos reais, agora dispoñíbel en nove idiomas: chinés (simplificado e tradicional), xaponés, inglés, español, francés, indonesio, italiano, portugués e tailandés. Mitaka forma parte do proxecto Universo Dixital 4-D do Observatorio Astronómico Nacional do Xapón (NAOJ), cuxo obxectivo é visualizar os últimos datos astronómicos obtidos por observacións e simulacións numéricas.

Para máis informacion, visitade os Temas do NAOJ e o sitio web oficial de Mitaka:
http://4d2u.nao.ac.jp/html/program/mitaka/index_E.html

4) Certame de ensaio “Espazo e Sociedade”

A asociación “Semana Mundial do Espazo” (WSWA) e a Oficina das Nacións Unidas para os Asuntos do Espazo Exterior (UNOOSA) convidan á participación no certame de ensaio sobre o tema espazo e sociedade, agora e no futuro. O ensaio debe responder a estas cuestións: Cal é o rol do espazo como solución aos desafíos globais na Terra? Que progreso obterá a humanidade da exploración de novos mundos no espazo arredor de 2030? Cales son as túas propostas para facer que a xente do teu país ou rexión se sinta máis atraído polas actividades do espazo? A data límite para o certame é o 25 de setembro de 2017.

Podes atopar máis detalles sobre o certame nesta ligazón: http://www.worldspaceweek.org/news/wswa-unoosa-essay-contest/

5) HISTORIAS de Mañá

STORIES of Tomorrow (HISTORIAS de Mañá – STORIES) é un proxecto de investigación e desenvolvemento financiado pola Comisión Europea que envolve a 15 parceiros de 10 estados. O proxecto manexa a idea de contar historias como catalizadora para a interacción efectiva entre a arte e as disciplinas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) que, de moitas maneiras, comparten valores, temas e características semellantes. O proxecto STORIES propón introducir achegamentos creativos en educación STEM para xerar ideas alternativas e estratexias dentro da investigación científica como individuo ou grupo, e facer unha reflexión crítica sobre elas.

Máis información sobre o proxecto: http://www.storiesoftomorrow.eu/

6) Fundación Supernova – Formación para mulleres en física

A brecha de xénero nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) é un serio problema da sociedade en todo o mundo que precisa ser tratado. Moitas mulleres, en particular mulleres en países desenvolvidos, non soen ter acceso a modelos de mulleres que poidan servir de inspiración e guía. A Fundación Supernova é un programa deseñado para fomentar que as mozas se encamiñen á carreira de Física. Se es unha estudante de Física con ambicións que desexaría desenvolver o seu potencial coa titoría de mentores establecidos internacionalmente, non dubides en facer a túa solicitude! Se es unha muller científica e queres compartir o teu coñecemento e experiencia con estudantes de todo o mundo, únete ao proxecto!

Descobre como podes contribuír neste enderezo: http://supernovafoundation.org/

7) Proxecto de Astronómia Solar Charlie Bates – Sección de Nicaragua

O pasado 21 de agosto Nicaragua observou unha eclipse parcial. A ONG americana Astronomía Solar Charlie Bates (http://solarastronomy.org/), enviou gafas de eclipse para a súa distribución en diferentes localidades do país, gratis para o público. A sección de Nicaragua coordinou actividades en todo o país en lugares como Managua, Masaya, León, Ciudad Sandino, Ocotal, Diriamba e quince escolas en diferentes vilas onde os estudantes aprenderon e practicaron técnicas de proxección e o uso de filtros solares certificados.

Podes ver unha breve reportaxe con fotos sobre a actividade en León aquí e aquí.

8) “Big Ideas: Museums and Momentum” – segunda conferencia anual

A segunda conferencia anual “Big Ideas: Museums and Momentum” terá lugar en Vancouver, Canadá. A conferencia, co apoio do Centro Espacial H. R. MacMillan, o Museo de Vancouver e o Museo Marítimo de Vancouver, pretende xuntar a traballadores e voluntarios dos museos, galerías de arte, centros de ciencia e organizacións equivalentes para examinar leccións aprendidas, discutir boas prácticas, explorar estratexias ante problemas comúns e facer rede. Esta conferencia nunha única xornada fai foco na comunidade local; porén, todo o mundo está convidada a participar.

Máis información sobre a conferencia, nesta ligazón: www.lmmuseumeducators.com

9) Encontros e actividades globais en 2017

Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!

Próximas actividades

a) Escola de verán de comunicación da ciencia Euro-Mediterráneo e Oriente Medio (EMME)
Data: do 10 ao 15 de setembro de 2017
Lugar: Nápoles, Italia
Máis información: http://www.cittadellascienza.it/emme2017/

b) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017
Data: do 17 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia
Máis información: http://www.epsc2017.eu/

c) 3ª Simposio COSPAR
Data: do 18 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Illa Jeju, Corea do Sur
Máis información: https://cosparhq.cnes.fr/

d) Obradoiro Museos de Astronomía, Centros de Visitantes e Observatorios Públicos
Data: do 27 ao 29 de setembro de 2017
Lugar: Leiden, Países Baixos
Máis información: https://www.communicatingastronomy.org/visitorexperience/

e) Semana Mundial do Espazo 2017
Data: do 4 ao 10 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.worldspaceweek.org/theme/

f) Noite Internacional de Observación da Lúa
Data: 28 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/

g) Astrónomos Novos do Leste Asiático 2017 (EAYAM2017)
Data: do 13 ao 17 de novembro de 2017
Lugar: Ishigaki, Okinawa, Xapón
Máis información: http://www-irc.mtk.nao.ac.jp/eayam/2017/index.html

h) Astronomical Heritage of the Middle East
Datas: do 13 ao 17 de novembro
Lugar: Yerevan, Armenia
Máis información: http://unesco.aras.am/

i) .Astronomy
Data: do 14 ao 17 de novembro de 2017
Lugar: Cidade do Cabo, Sudáfrica
Máis información: http://dotastronomy9.saao.ac.za/

l) Astrobioloxía 2017
Datas: do 1 de novembro ao 1 de decembro de 2017
Lugar: Coyhaique, Chile
Máis información: http://astrobiology2017.org/

m) Comunicar Astronomía co Público – CAP2018
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2018
Lugar: Fukuoka, Xapón
Máis información: http://www.communicatingastronomy.org/cap2018/

n) 15º Conferencia Internacional de Comunicación Pública da Ciencia e Tecnoloxía (PCST2018)
Data: do 4 ao 6 de abril de 2018
Lugar: Dunedin, Nova Zelandia
Máis información: http://www.pcst2018.org/pcst18

ñ) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse

Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.

10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas

-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Traducións ao español, elaboradas por:

Sofía Meneses-Goytia, doutora, investigadora asociada postdoutoral, Instituto de Cosmoloxía e Gravitación, Universidade de Portsmouth: http://bit.ly/2rIqVGe;

Basilio Solís-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronomía, Universidade de Bonn: http://astronomia-para-todos.blogspot.de;

ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;

-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;

Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2017! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.