A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses e a Universidade de Santiago de Compostela, ten o pracer de anunciar a presentación do libro “O firmamento animado”. O acto celebrarase o xoves 4 de xullo de 2024, ás 19.30h, no Planetario da Casa das Ciencias, situado no Parque de Santa Margarida, A Coruña.

No evento participarán as persoas autoras do libro e as coordinadoras do proxecto, que explicarán en detalle o proceso de creación desta publicación e os seu contido. “O firmamento animado” é o resultado dun proxecto de Aprendizaxe Servizo no que colaboraron a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, co apoio dos Museos Científicos Coruñeses.

O libro é un material didáctico de astronomía dirixido a nenos e nenas de educación infantil e primeiros cursos de primaria. Contén tres apartados: unha guía didáctica con recomendacións para o seu uso, unha guía astronómica para achegarse aos coñecementos básicos de astronomía sobre as constelacións e os contos con ilustracións que transpórtanos a unha viaxe máxica polo firmamento, recorrendo 10 constelacións visibles dende Galicia que representan animais.

A asistencia ao acto é de balde, pero é obrigatoria a inscrición previa a través do formulario en liña dispoñible en https://forms.gle/NUa64Pa3ReJ8K9V7A. A actividade vai especialmente dirixida a profesorado e profesionais da educación, así como monitores e divulgadores de astronomía. Para máis información, poden contactar a través do correo electrónico formacion@agrupacionio.com.

Esperamos contar coa súa presenza para celebrar a posta en marcha deste proxecto educativo e cultural.

Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
Museos Científicos Coruñeses
Universidade de Santiago de Compostela