Exposición “Un reloxo con moitas luces”
Onde: na Domus (r/ Ángel Rebollo, 91, A Coruña).
Cando: desde o 19 de maio de 2022.
Que: adaptación en forma de exposición composta por quince paneis da banda deseñada “Un reloxo con moitas luces”, creada por Coline Weinzaepflen (texto e debuxos) e o cronobiólogo Manuel Spitschan (edición), que relata de forma rigorosa e humorística os efectos da luz sobre a fisioloxía humana e como tanto a luz polo día como a escuridade pola noite son imprescindíbeis para a nosa saúde. A tradución ao galego foi preparada por Martin Pawley e Xabier Pérez Couto, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. A copia impresa da exposición foi producida co apoio de Cel Fosc no marco do III Encontro da Noite.