Boletín de Divulgación da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía (IAU OAO)

Marzo #2

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) Grazas por un gran mes de recoñecemento ás mulleres e ás nenas en astronomía
2) Aberta a inscrición da Conferencia CAP 2021
3) Última oportunidade para presentarse ao concurso de astrofotografía da IAU OAE
4) IAU OAE abre o primeiro centro de educación en Italia
5) Únete á Semana Internacional do Ceo Escuro
6) Contribúe ao xogo internacional de caza de códigos astrofísicos
7) Microbolsas en curso para facer fronte á Covid-19
8) Axudas “Impact Challenge” de Google.org en favor das mulleres e nenas
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

Concluíu a celebración principal das Mulleres e Nenas en Astronomía e neste boletín incluímos algúns detalles sobre o resultado. Grazas a todas as persoas, en particular os e as responsábeis da coordinación nacional de divulgación da IAU (NOC) que participaron por contribuíren a un mes espectacular. Aínda que dediquemos un mes a destacar as mulleres e as nenas na astronomía, a súa importancia no campo é continua. Agardamos que sigades recoñecendo e apoiando o seu papel e as súas contribucións á astronomía connosco ao longo de todo o ano.

Con moita emoción, abriuse o rexistro para a Conferencia Comunicar Astronomía co Público (Conferencia CAP). A ligazón está máis adiante. Agardamos que moitos e moitas de vós nos acompañedes nesta conferencia virtual e gratuíta.

A nosa oficina irmá, a Oficina IAU de Astronomía para a Educación, achega dúas interesantes informacións. A primeira é o próximo final do seu concurso de astrofotografía. Por favor, asegurádevos de enviar as vosas fotos antes do 15 de abril. A segunda é a apertura do seu primeiro nodo en Italia co Istituto Nazionale di Astrofisica (INAF). Queremos felicitar á IAU OAE por este marabilloso paso no establecemento da súa oficina.

Ademais de todo o que ocorre nas nosas oficinas, estamos encantados de compartir convosco varias oportunidades de comunicación sobre ciencia e astronomía. Un equipo do INAF en Italia busca lugares e persoas relacionadas coa astronomía para crear un xogo e a Semana Internacional do Ceo Oscuro convida a xente de todo o mundo a crear conciencia sobre o impacto da contaminación luminosa (coincide coa campaña do mes de abril de Globe at Night). Por último hai dúas axudas, unha a través de Just One Giant Lab e outra a través de Google, que ofrecen financiamento para proxectos.

Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,

Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina IAU de Divulgación de Astronomía

1) Grazas por un gran mes de recoñecemento ás mulleres e ás nenas en astronomía

Moitas grazas a todas as persoas que participaron na celebración ao longo de todo o mes das Mulleres e Nenas na Astronomía. Grazas a toda a comunidade e aos coordinadores e coordinadoras nacionais de divulgación da IAU celebráronse polo menos 45 eventos e proxectos en máis de 10 idiomas en 27 países e rexións durante o mes. Participaron mulleres e nenas de todas as idades, desde estudantes de primaria ata campioas adolescentes da Olimpíada de Astronomía, pasando por enxeñeiras e investigadoras de alto nivel, demostrando que todas as mulleres teñen a posibilidade de acceder ao ceo cando se lles dá a oportunidade.

Máis información: https://www.iau.org/public/women-and-girls-in-astronomy/

2) Aberta a inscrición da Conferencia CAP 2021

Xa está aberto o rexistro para a conferencia Comunicar Astronomía co Público (Conferencia CAP). A Conferencia CAP reúne a persoas que traballan ou están interesadas na comunicación, na docencia informal e na divulgación da astronomía para intercambiar ideas e boas prácticas. A conferencia virtual é gratuíta para todas as persoas inscritas e celebrarase do 24 ao 27 de maio de 2021.

Máis información: https://www.communicatingastronomy.org/cap2021/registration/

3) Última oportunidade para presentarse ao concurso de astrofotografía da IAU OAE

O concurso de astrofotografía organizado pola Oficina de Astronomía para a Educación da IAU (IAU OAE) pecharase o 15 de abril de 2021. As persoas participantes poden enviar imaxes en dez categorías diferentes para obter premios en metálico. As fotos enviadas servirán como recursos educativos gratuítos para o profesorado e o alumnado de todo o mundo.

Para saber máis: https://www.haus-der-astronomie.de/oae/collaborate/astrophotography-contest

4) IAU OAE abre o primeiro centro de educación en Italia

A Oficina IAU de Astronomía para a Educación (IAU OAE) abriu o seu primeiro nodo en Italia co Istituto Nazionale di Astrofisica (INAF), o centro nacional de astrofísica de Italia. O Centro OAE Italia xogará un papel importante na rexión do Mediterráneo coa comunidade de educación en astronomía e a rede de coordinadores e coordinadoras nacionais de educación astronómica da OAE na zona. O centro tamén axudará a fortalecer a experiencia da OAE en educación astronómica co alumnado de primaria.

Máis información: https://iau.org/news/announcements/detail/ann21009/

5) Únete á Semana Internacional do Ceo Escuro

A Semana Internacional do Ceo Oscuro de 2021 celebrarase do 5 ao 12 de abril. A semana está organizada pola International Dark-Sky Association, organización líder na loita contra a contaminación luminosa. A semana pretende xerar conciencia sobre a contaminación luminosa, as súas consecuencias negativas e as súas solucións, así como celebrar a noite. A xente de todo o planeta está convidada a unirse aos eventos para coñecer máis sobre a contaminación luminosa.

Máis información: www.darksky.org

A Oficina IAU de Divulgación da Astronomía da IAU colabora na divulgación da Semana Internacional do Ceo Oscuro.

6) Contribúe ao xogo internacional de caza de códigos astrofísicos

O grupo Innovative Education do Istituto Nazionale di Astrofisica (INAF) en Italia solicita contribucións para un xogo internacional en liña de caza de códigos que xira arredor dos lugares da astronomía en todo o mundo. Acéptanse achegas de lugares do pasado, presente e futuro de cada país que sexan relevantes para a astronomía, así como de astrónomos e astrónomas célebres da historia e do pasado recente. O xogo está organizado con motivo da Semana Europea do Código e da Noite Europea da Investigación a finais deste ano. Podedes enviar suxestións antes do 16 de abril de 2021.

Ligazón: https://tinyurl.com/online-code-hunting-game

Grazas a Maura Sandri e Claudia Mignone por compartir esta nova.

7) Microbolsas en curso para facer fronte á Covid-19

Just One Giant Lab (JOGL) ofrece microbolsas de ata 4000 € para proxectos de código aberto que aborden a Covid-19. As subvencións outórganse de forma continuada desde abril de 2020 e a próxima data límite é o 24 de marzo de 2021. JOGL é unha entidade sen ánimo de lucro con sede en París, Francia. Pretende “catalizar a creación colectiva de coñecemento e solucións para resolver os retos máis urxentes da humanidade”. A convocatoria é fácil e está aberta a calquera que teña un proxecto de código aberto que aborde a pandemia actual.

Máis información: https://app.jogl.io/program/opencovid19

Grazas a Pedro Russo por compartir con nós esta noticia.

8) Axudas “Impact Challenge” de Google.org en favor das mulleres e nenas

“Impact Challenge” de Google.org ofrece subvencións entre 300.000 e 2 millóns de dólares a certo tipo de organizacións para crearen vías de prosperidade para as mulleres e as nenas. É un programa de subvencións global destinado a empoderar as mulleres e as nenas para avanzaren na economía. As solicitudes pechan ás 23:59 GMT o 9 de abril de 2021.

Máis información: https://impactchallenge.withgoogle.com/womenandgirls2021

Grazas a Ramasamy Venugopal por compartir con nós esta noticia.

9) Actividades destacadas e repositorio de recursos en liña

a) 6º Obradoiro da Sociedade Astronómica de África Oriental
Onde: virtual e en Dodoma, Tanzania
Cando: do 15 ao 22 de maio de 2021
Sitio web: https://www.emiratesmarsmission.ae/

b) Comunicación da astronomía co público (CAP)
Onde: virtual
Cando: do 24 ao 27 de maio de 2021
Sitio web: https://www.communicatingastronomy.org/cap2021/

c) Comunicación pública de ciencia e tecnoloxía (PCST) 2020 + 1
Onde: virtual
Cando: do 24 ao 27 de maio de 2021
Sitio web: https://www.abdn.ac.uk/events/conferences/pcst/

d) Reunión anual da Sociedade Astronómica Europea
Onde: virtual
Cando: do 28 de xuño ao 2 de xullo de 2021
Sitio web: https://eas.unige.ch/EAS_meeting/

e) 238º Encontro da Sociedade Astronómica Americana 
Onde: virtual
Cando: do 7 ao 9 de xullo de 2021
Sitio web: https://aas.org/meetings/aas238

f) Comunicar o Futuro: Envolver o Público na Ciencia Básica
Lugar: virtual
Cando: 27 e 28 de xullo de 2021
Sitio web: https://scipep.org/conference/

Podedes atopar recursos gratuítos para a divulgación da astronomía en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing

10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas

O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:

Árabe: https://stargazersbh.wixsite.com/bsac/iau
Traducións grazas aos membros do Club de Observación Astronómica de Bahrain.

Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.

Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.

Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.

Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.

Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.

Xaponés: http://bit.ly/2xlNyCR
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).

Se queredes traducir o noso boletín ao voso idioma, por favor escribídenos a public@oao.iau.org.

11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía

Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgación astronómica en todo o mundo para incluílas no seguinte boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía. Se tedes algún evento astronómico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgación astronómica, enviádenos un correo a public@oao.iau.org con máis información.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podedes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.