Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)
Marzo 2019 #2 – Especial IAU100 nº 4
Neste boletín:
0) Nota dos editores
1) IAU100 lanza o evento global de celebración do 50º aniversario da chegada á Lúa
2) Anunciados os premios das 100 Horas de Astronomía
3) Lugares conectados co ceo: novo proxecto apoiado polo IAU100
4) Ceos escuros para todas as persoas: Adopta unha rúa
5) Éxito do proxecto apoiado polo IAU100 do Experimento Eratóstenes
6) Eventos “Estrelas que inspiran” en tres capitais europeas
7) Exposición “Arriba e máis aló” en Toquio
8) Solicitudes de apoio IAU100 para proxectos
9) Encontros e actividades globais
10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU
0) Nota dos editores
Prezados amigos, amigas e colegas,
Neste número queremos destacar o evento global do 50º aniversario da chegada á Lúa, Lugares conectados co ceo, o último proxecto apoiado polo IAU100, e os premios das 100 Horas de Astronomía.
Aproveitamos esta oportunidade para darvos as grazas por seguirvos unindo con entusiasmo ás celebracións. A finais de marzo tiñamos 2600 eventos rexistrados en 104 países! A vosa creatividade e duro traballo son unha inspiración para todos nós e queremos que saibades que estamos aquí para apoiarvos a vós e as vosas actividades durante o ano.
Desexámosvos ceos despexados e felices celebracións!
Lina Canas, en nome do Equipo de Divulgación da Oficina de Astronomía da IAU
Jorge Rivero, en nome da Secretaría da IAU
1) IAU100 lanza o evento global de celebración do 50º aniversario da chegada á Lúa
Para celebrar o 50º aniversario dun fito importante para a exploración espacial e a humanidade, a chegada do Apollo 11 á Lúa en 1969, IAU100 creou un sitio web específico para coordinar os eventos globais e as grandes actividades de observación da Lúa, e ademais lanzamos un concurso cun telescopio como premio.
Máis información: https://www.iau-100.org/moonlanding-celebrations-launch
2) Anunciados os premios das 100 Horas de Astronomía
O evento global 100 Horas de Astronomía serviu para lanzar con éxito as celebracións IAU100 de 2019 con máis de 1200 actividades astronómicas que tiveron lugar en 86 países de todo o mundo. Para agradecer e apoiar os esforzos sobresaíntes das persoas que organizaron estes eventos e os e as participantes, a Secretaría IAU100 estableceu varios premios. Os e as gañadoras xa foron elixidos e podes ler máis sobre as súas actividades aquí.
Máis información: https://www.iau-100.org/prizesannounced-100hoursofastronomy
3) Lugares conectados co ceo: novo proxecto apoiado polo IAU100
Calquera persoa pode suxerir unha localidade que estea conectada co ceo dentro do proxecto apoiado polo IAU100 Lugares conectados co ceo. Este proxecto pretende crear conciencia de como a astronomía representa un aspecto rico e significativo do patrimonio cultural e natural. Ademais anima ao público xeral de todo o mundo a relacionarse cos lugares vencellados coa astronomía da súa zona e a explorar outros lugares asociados ao ceo que formarán parte dunha colección global dispoñíbel no Portal do Patrimonio Astronómico da UNESCO-IAU.
Máis información: https://www.iau-100.org/endorsed-places-connected-tothesky
4) Ceos escuros para todas as persoas: Adopta unha rúa
O proxecto global IAU100 Ceos escuros para todas as persoas ten como obxectivo crear conciencia sobre a conservación dos ceos escuros e o dereito das xeracións futuras a seguir dispoñendo de verdadeiros ceos nocturnos. O programa Adopta unha rúa foi escollido como parte das celebración de 2019 no marco deste proxecto e a Secretaría IAU100 propón ás persoas que organizan eventos que consideren a coordinación deste programa na súa zona respectiva durante a campaña de 2019 de Globe at Night.
Máis información: https://www.globeatnight.org/aas2019.php
5) Éxito do proxecto apoiado polo IAU100 do Experimento Eratóstenes
O Experimento Eratóstenes, que foi organizado con éxito o 21 de marzo de 2019, deulle aos educadores e educadoras a oportunidade de traballar con colegas doutras escolas en todo o mundo para medir co alumnado a circunferencia da Terra, empregando medios sinxelos.
Podes ler máis información aquí: http://eratosthenes.ea.gr
6) Eventos “Estrelas que inspiran” en tres capitais europeas
Logo do evento ponte no Planetario de Bruxelas e a participación activa na Conferencia Cero as Nacións Unidas en Viena, a exposición itinerante IAU100 Estrelas que inspiran sobre astronomía inclusiva chegou a Italia.
Podes atopar máis información aquí: https://www.iau-100.org/inspiring-stars-update
7) Exposición “Arriba e máis aló” en Toquio
Contidos seleccionados da exposición IAU100 “Arriba e máis aló” exhíbense do 4 de marzo ao 23 de xuño en asociación coa exposición de fotografía astronómica do museo TeNQ de Toquio, Xapón.
Podes atopar máis información aquí: https://www.iau-100.org/aboveandbeyond-tokyo
8) Solicitudes de apoio IAU100 para proxectos
Os proxectos co aval IAU100 reciben medios adicionais para conseguir as metas e obxectivos das celebracións do centenario. Esta categoría está orientada a dar apoio a grandes proxectos globais, que satisfagan a visión do IAU100, con grande recoñecemento internacional e a oportunidade de asociarse a outras celebracións en todo o mundo.
Tes máis información aquí: https://www.iau-100.org/apply-iau100-endorsedprojects
9) Encontros e actividades globais
Aquí tes unha listaxe de eventos e conferencias de divulgación e educación astronómica en todo o mundo. Planificade un ano cheo de acontecementos interesantes!
a) Noite de Yuri
Data: 12 de abril de 2019
Lugar: todo o mundo
Máis información: https://yurisnight.net/
b) Encontro Internacional de Astronomía e Aeronáutica
Data: do 11 ao 13 de abril de 2019
Lugar: Campos dos Coytacazes, Brasil
Máis información: 12imaa.eventbrite.com
c) Día da Astronomía Amadora
Data: 13 de abril de 2019
Lugar: Bruxelas, Bélxica
Máis información: https://www.iau-100.org/amateur-astronomers-day
d) IAUS350: Astrofísica de laboratorio: das observacións á interpretación
Data: do 14 ao 19 de abril de 2019
Lugar: Cambridge, GB
Máis información: http://www.astrochemistry.org.uk/IAU_S350/
e) Semana europea da astronomía e ciencias do espazo
Datas: do 24 ao 28 de xuño de 2019
Lugar: Lyon, Francia
Máis información: https://eas.unige.ch//EWASS/
f) V Festival Starmus: un paso de xigante
Datas: do 24 ao 29 de xuño de 2019
Lugar: Berna, Suíza
Máis información: https://www.starmus.com/
g) Día do asteroide
Data: 30 de xuño de 2019
Lugar: todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/
h) 3º Obradoiro sobre Divulgación e Educación da Astronomía (WDEA III)
Datas: 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019
Lugar: San Juan, Argentina
Máis información: http://sion.frm.utn.edu.ar/WDEAIII/
i) IAU100: 50º aniversario da chegada á Lúa – Observemos a Lúa!
Datas: 20 de xullo de 2019
Lugar: todo o mundo
Máis información: https://www.iau-100.org/moon-landing-anniversary
l) Conferencia sobre educación astronómica: Investigación aplicada e práctica
Datas: do 16 ao 18 de setembro de 2019
Lugar: Garching, Múnic, Alemaña
Máis información: http://iau-dc-c1.org/astroedu-conference/
m) IAUS358: Astronomía para a Equidade, a Diversidade e a Inclusión – unha folla de ruta para as accións no marco do centenario da IAU
Datas: do 12 ao 15 de novembro de 2019
Lugar: Toquio, Xapón
Máis información: https://iau-oao.nao.ac.jp/iaus358/
Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.
10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas
-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;
-Traducións ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;
-Traducións ao galego, por Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;
-Traducións ao español, elaboradas por Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;
-Tradución ao italiano, feitas por Eleonora Piromalli, AstronomiAmo, de Italia, nesta ligazón: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
-Tradución ao ruso, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astronómico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as últimas traducións do boletín aquí.
-Tradución ao portugués elaborada por Catarina Leote e João Ferreira a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica (o número anterior do boletín está aquí).
Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2019!
Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.
Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.