Recursos de Astronomía

Estamos continuamente engadindo entradas ao Blog da agrupación, con novas, consellos, divulgación… Na categoría recursos atoparás algunhas que poden serte útiles.

A continuación queremos ofrecerte unha lista orientadora con ferramentas para gozar e aprender máis do ceo. Para moitos son xa vellas coñecidas pero os que están iniciándose na astronomía de seguro sacarán bo partido delas.

 

Documentación e Titoriais

Manual sobre manejo de telescopios – Elaborada por Ío. Unha guía moi completa para escoller o teu primeiro telescopio, manexalo e coidalo, ou para que os que xa son veteranos refresquen e redescubran conceptos.

Introducción a la Astrofotografía – Unha unidade didáctica elaborada polo Instituto Astrofísico de Canarias (Juan Carlos Casado e Miquel Serra-Ricart).

100 conceptos básicos de Astronomía – Elaborado pola Sociedad Española de Astronomía con motivo do ano Internacional da Astronomía 2009.

 

Software para explorar o ceo
Stellarium_icon   

 STELLARIUM
Para Linux, Windows, e Mac, gratuíto e de código aberto. É coma ter un planetario no teu computador. Permite simular o ceo tras escoller unha localización e tempo concretos. Ten moitos obxectos por defecto e pódese ampliar con máis catálogos.

icon

 

SKY CHART
Para Linux, WIndows e Mac, gratuíto e de código aberto. Ideal para construír as túas cartas celestes a medida e despois levalas a unha observación, escollendo cores, representacións, etiquetas… Gran número de datos de catálogos de estrelas ou nebulosas, planetas, asteroides e cometas.

celestia-icone-6620-128

 

CELESTIA
Para Linux, Windows e Mac, gratuíto, de licencia GNU. Con el podes simular unha viaxe polo Sistema Solar, ou explorar a nosa galaxia. O seu catálogo de obxectos tamén se pode ampliar.