O vindeiro venres 25 de outubro o Parlamento de Galicia acollerá unha xornada divulgativa sobre contaminación luminosa que organiza a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío a proposta dos grupos parlamentarios. A actividade desenvolverase de 10:00 a 13:30 baixo o título “O valor da noite” na Sala de Exposicións do Parlamento, situado na Rúa do Hórreo de Santiago de Compostela. O Parlamento de Galicia acollerá ademais durante varios días a exposición sobre contaminación luminosa creada pola Agrupación Ío e que desde 2016 visitou máis de trinta centros cívicos e educativos de toda Galicia. Este é o programa previsto para a xornada:

10:00. 1ª PARTE. CONSECUENCIAS NEGATIVAS DA CONTAMINACIÓN LUMINOSA.

-Contaminación luminosa e medio ambiente. Joaquín Baixeras, profesor da Universitat de València.

-Contaminación luminosa e seguridade. Anna Almécija, avogada, criminóloga, directora de seguridade privada, profesora asociada da EPSEB- UPC e colaboradora en EPSI-UAB.

-Contaminación luminosa e saúde. Juan Antonio Madrid, catedrático de Fisioloxía da Universidade de Murcia e director do Laboratorio de Cronobioloxía. Salva Bará, profesor da USC e investigador no campo da contaminación luminosa.

-Contaminación luminosa, ciencia e patrimonio cultural. Ana Ulla, astrofísica, profesora da Universidade de Vigo.

11:00 Coloquio.

11:30 Descanso.

12:00 2ª PARTE. ESTRATEXIAS DE ABORDAXE TÉCNICA E LEGAL DA CONTAMINACIÓN LUMINOSA.

-A experiencia das lexislacións precedentes. Fernando Jáuregui, astrofísico do planetario de Pamplona.

-Elementos chave dunha nova lexislación ambiental. Alba Nogueira, profesora de Dereito Administrativo e Política da USC.

-Solucións desde a industria. Ángel G. Calvo, delegado en Galicia do Comité Español de Iluminación (CEI).

-Estratexias de redución da contaminación luminosa. Salva Bará, profesor da USC e investigador no campo da contaminación luminosa.

13:00 Coloquio.

13:30 Clausura da xornada.

Para resolver calquera dúbida sobre esta xornada, podedes poñervos en contacto co grupo de traballo sobre contaminación luminosa da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío no correo electrónico cl [at] agrupacionio.com.