Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Abril 2020 #2 | Especial NOCs nº 1

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) Carolin Leifke, NOC Alemaña
2) Rulx Narcisse, NOC Haití
3) Mayssa El Yazidi, NOC Tunisia
4) Zouhair Benkhaldoun, NOC Marrocos
5) Farseem Mohammedy, NOC Bangladés
6) Roland Ndunge, NOC Camerún
7) Shirin Haque, NOC Trinidad e Tobago
8) Fabrice Mottez, NOC Francia
9) Ghulam Murtaza, NOC Paquistán
10) Krysztof Czart, NOC Polonia
11) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
12) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

Un dos privilexios que temos na Oficina IAU de Divulgación da Astronomía é o traballo internacional no que participamos e a xente inspiradora que coñecemos polo camiño, á cal nos honra chamar colegas, amigos e amigas. Agora en especial, podemos ver que compartimos o mesmo espírito de comunidade en todo o planeta. Para este número, preguntámoslle ás persoas encargadas da Coordinación da Divulgación Nacional (NOCs) que compartan unha mensaxe persoal así como algúns proxectos astronómicos relevantes que teñan lugar no país ao que representan. Recibimos mensaxes de Haití, Alemaña, Tunisia, Marrocos, Bangladesh, Camerún, Trinidade e Tobago, Francia, Paquistán e Polonia, e achegaremos máis mensaxes no primeiro boletín de maio.

O noso máis cálido agradementos a todos e todas as NOC que participaron!

Desexámosvos os ceos máis despexados e a mellor saúde,

Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgación de Astronomía da IAU

1) Carolin Leifke, NOC Alemaña

“O maior evento astronómico da Alemaña, coordinado pola asociación nacional de astrónomos e astrónomas amadoras Vereinigung der Sternfreunde desde hai 18 anos, é o Día da Astronomía (“Astronomietag”), que estaba marcado este ano para o 28 de marzo. A causa do COVID-19 case 200 eventos locais tiveron que ser cancelados, mais un certo número de organizadores aceptaron o desafío e celebraron eventos en liña, con retransmisións ao vivo, concurso de fotografía e vídeo ou actividades nas redes sociais, na maioría dos casos sen experiencia previa no uso destes formatos a grande escala. A audiencia e os comentarios recibidos proban que esta fórmula foi un éxito e agardo que facilite novas actividades do mesmo tipo”.

Recursos (de Alemaña e polo tanto en alemán):

Faszination Astronomie Online: charlas públicas en directo de 30 minutos cada martes e xoves ás 19 CEST a cargo de astrónomos e astrónomas amadores e profesionais de toda Alemaña, organizada pola Casa da Astronomía (Haus der Astronomie). Ligazón: https://www.youtube.com/playlist?list=PL6v1Ej3QgEXUtDCV-6uwRiRW-K1JiTxO

#AstroChallenge #AstroAmMorgen: sesión de preguntas astronómicas en twitter a diario do @PlanetariumBER

Streifzüge durch das Universum (Incursións polo universo): noticias astronómicas en Youtube. Ligazón: https://www.youtube.com/channel/UCA6hU2U8Xe8z3fxaZjRNxxQ. Instagram Stories de feitos do espazo polo planetario Bochum: @planetarium.bochum

#ScienceAtHome co Centro Aeroespacial Alemán: materiais e recursos para nenos e nenas sobre astronomía e ciencias do espazo asociadas. Ligazón: https://www.dlr.de/next/desktopdefault.aspx/tabid-15440/

2) Rulx Narcisse, NOC Haití

“Loitamos sempre en favor do fomento da ciencia astronómica en Haití a pesar dos desafíos ambientais. Agora o COVID-19 impón un novo límite á nosa protección e aínda non é posíbel encontrármonos sen risco (biolóxico desta vez!). Mais adaptámonos para seguir na loita pola concienciación sobre a astronomía, tal e como fixemos durante o confinamento político. Como coordinador da divulgación nacional en Haití, esta concienciación desenvólvese na actualidade en liña para enfrontar este novo tipo de confinamento, que agora é internacional”.

Recursos:

ASTWONOMI LAKAY VODCASTING: Ligazón: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/astwonomi-lakay-vodcasting.html

Astronomía en Haití-SHA. Inscrición: https://tinyurl.com/Astronomie-en-Haiti-SHA. Ligazón directa (esta ligazón pode cambiar por razóns de seguridade): https://chat.whatsapp.com/I2gUd6215qJDRC1oWgi6Zi

Cara á astronomía. Ligazón: https://web.facebook.com/groups/313482919253555

Geosciences Schneider Munder. Ligazón: https://www.facebook.com/schneiderkliabuhs.munder

3) Mayssa El Yazidi, NOC Tunisia

“A idea deste proxecto desenvolveuse durante a crise do coronavirus, para axudar a xente a ficar na casa con seguridade e ao mesmo tempo acadar novo coñecemento en diferentes asuntos astronómicos así como ter a oportunidade de coñecer, preguntar e debater con expertos e expertas de diferentes países.

Este proxecto probou que o amor polas estrelas e a astronomía non coñece límites xeográficos nin fronteiras, mesmo nun tempo difícil como o actual”.

Recursos:

Proxecto AstroTalk: Charlas sobre diferentes asuntos astronómicos por parte de especialistas e persoal investigador, dúas ou tres veces por semana en Zoom e Facebook. Estas charlas foron posíbeis grazas á colaboración entre a Asociación Tunesina Astronómica Xuvenil (Tunisia), Sociedade Astronómica de Palestina (Palestina) e o Club de Física de Altas Enerxías e Astrofísica (Marrocos). Queremos facer notar que estamos na procura de máis países que se unan e colaboren connosco neste proxecto.

Obradoiro para nenos e nenas: a Asociación Tunesina Astronómica Xuvenil (Tunisia) organizou dous obradoiros para nenos e nenos o 25 e 26 de abril sobre o movemento retrógrado de Marte e o uso do nocturlabio.

Ligazóns ás charlas:

Asociación Tunesina Astronómica Xuvenil (Tunisia): https://www.facebook.com/TunisianAssociationOfYoungAstronomers/

Club de Física de Altas Enerxías e Astrofísica (Marrocos): https://www.facebook.com/HEPAC.Officielle/

Sociedade Astronómica de Palestina (Palestina): https://www.facebook.com/astropal.org

4) Zouhair Benkhaldoun, NOC Marrocos

Recursos:

AstroTalks: en colaboración coa Asociación Tunesina Astronómica Xuvenil e a Sociedade Astronómica de Palestina (máis información no apartado NOC Tunisia). Ligazón: https://www.youtube.com/playlist?list=PL6v1Ej3QgEXUtDCV-6uwRiRW-K1JiTxO

Charlas en colaboración co Instituto Francés de Marraquex:

-Introdución á SuperLúa por Benkhaldoun Zouhair: https://youtu.be/U8zoRa1d0Bg

-Charla da asociación 3AM con Younes Jamjari: https://youtu.be/tvpWQdZ6UVE

-Charla da asociación3AM con Younes Jamjari en Facebook: https://www.facebook.com/InstitutFrancaisDeMarrakech/videos/2591388041098984/

Algunhas ligazóns de Facebook:

-Asociación 3AM: https://www.facebook.com/pg/Association3AM/

-Sociedade Astronómica Árabe: https://www.facebook.com/ArabAstronomicalSociety.official/

-Club de Física de Altas Enerxías e Astrofísica (Marrocos): https://www.facebook.com/HEPAC.Officielle/

-Atlas Dark Sky, Marrocos: https://www.facebook.com/atlasdarksky/

5) Farseem Mohammedy, NOC Bangladés

“Bangladés na actualidade non ten educación astronómica institucional en ningún nivel desde a primaria ao bacharelato. Por iso, é moi difícil organizar con regularidade eventos educativos, obradoiros etc e ter algún impacto. Podemos facer e facemos charlas públicas sempre que algunha persoa do país mais non residente e/ou algunha personalidade distinguida visitan Bangladés. Cunha planificación coidadosa, conseguimos facer actividades que poden inculcar algún coñecemento de astronomía aos mozos e mozas estudantes. Mais a planificación require parceiros estratéxicos e financeiros”.

Recursos:

Escola astronómica en Facebook: Recurso local para difundir novas astronómicas con moitos usuarios activos. Ligazón: https://www.facebook.com/groups/astronomyschool/

6) Roland Ndunge, NOC Camerún

“No que respecta á astronomía Camerún mantense nas tebras, así que decidimos prender as luces e iluminar o noso país promovendo a astronomía máis alá das fronteiras da nosa nación. Aínda que seguimos as medidas de protección como prescribe a OMS, é importante elevármonos como nación e usarmos a astronomía para promover a paz e o diálogo a través dos medios de comunicación. Usamos este privilexio para promover a astronomía a través de cooperacións internacionais nas que colaboren e participen outras nacións e axudar a levantar tamén outras nacións que están estancadas na astronomía”.

Recursos:

Competición internacional de Astronomía e Astrofísica: competición na que podes responder preguntas astronómicas e gañar diñeiro e premios astronómicos. WhatsApp foi un foco principal para espallar a información. No formulario de inscrición, a entrada do nome do embaixador é (Mbonteh Roland Ndunge). Ligazón: https://iaac.space/en/submission

MIT OpenCourseWare Introdución á Astronomía. Ligazón: https://ocw.mit.edu/courses/physics/8-282j-introduction-to-astronomy-spring-2006/study-materials/

NASA at Home. Ligazón: https://www.nasa.gov/nasa-at-home-be-a-scientist

7) Shirin Haque, NOC Trinidade e Tobago

“Sempre lles digo aos meus estudantes de astronomía, “Cando te sintas baixo, mira arriba!”. Neste tempo do desafío sen precedentes da pandemia, máis ca nunca podemos atopar conforto e distracción entre as estrelas. O ceo ten unha poderosa capacidade para acougarnos. Mesmo con distancia social, as persoas non están soas. Procura as estrelas e conéctate con toda a humanidade”.

Recursos:

Dous minutos de marabilla, serie de vídeos con Shirin Haque. Feitos coa Biblioteca Nacional de Trinidade e Tobago para estudantes e público xeral. Ligazón: https://www.facebook.com/shirin.haque.5

Curso en liña “Desde a bomba atómica até a creación dun Sol na Terra: a historia de E=mc²”. Cinco sesión en liña semanais de maio a xuño de 2020 a cargo de Shirin Haque. Contacta con shirin.haque@gmail.com para máis información.

Sesións de observación con telescopio en liña co Instituto Caribeño de Astronomía (CARINA): sesións en Facebook os sábados de abril de 2020. Ligazón: https://www.facebook.com/groups/caribbeanastronomy/

Encontro mensual por Zoom da Sociedade Astronómica de Trinidade e Tobago (TTAS): CARINA estivo publicando as presentacións. Ligazón: https://www.facebook.com/ttastrosociety

8) Fabrice Mottez, NOC Francia

Recursos:

Sociedade Astronómica de Francia (SAF): Números de “Astronomie” de 2018 e 2019. Vídeos das últimas 60 conferencias públicas organizadas pola SAF. Cursos de astronomía xeral, relatividade xeral e cosmoloxía.  Ligazón: https://saf-astronomie.fr/astronomie-et-confinement/

Asociación Francesa de Astronomía (AFA): Introdución á astronomía e un curso de astrometría (require reprodutor Flash). Varios documentos sobre astronomía. Canal de Youtube da AFA. Ligazón: https://www.afastronomie.fr/actualites/sur-la-toile-en-attendant

9) Ghulam Murtaza, NOC Paquistán

“Por suposto, os efectos do COVID-19 son horríbeis para o mundo. Esperamos que o esforzo humano conxunto consiga eliminalo do noso planeta axiña.

Ninguén pode predicir cando desaparecerá o COVID-19, se serán dous, tres ou seis meses, mais neste tempo difícil de illamento e distanciamento social, o goberno inaugurou un canal de televisión educativa para a educación dos estuadantes de primaria e secundaria. Pode accederse por Internet no canal de TV público. Isto axudará a facer máis frutífero o tempo da mocidade”.

Recursos:

TV educativa para estudantes de primaria e secundaria: traballo co goberno para crear o canal de TV educativa. Ligazón a través da TV pública: http://www.ptv.com.pk/ptvCorporate

10) Krysztof Czart, NOC Polonia

“Durante este rempo de illamento social e #stayathome (#zostańwdomu), os astrónomos e astrónomas e as comunidades astronómicas polacas están organizando actividades para axudar o profesorado e estudantes nas clases en liña e tamén para darlle a todas as persoas oportunidades de pasar o seu tempo na casa dun xeito interesante e aprender máis sobre o universo.

De maneira habitual estas comunidades a miúdo preparan e participan en numerosos eventos como festivais de ciencia, seminarios, charlas, obradoiros e actividades prácticas; agora estas actividades acontecen en liña a través de retransmisións en directo ou formatos parecidos. Por exemplo, se es astrónomo/a, podes unirte a Astronomia w Twoim domu (Astronomía en Casa) para preparar retransmisións en liña ao vivo”.

Recursos (de Polonia e polo tanto en polaco):

Emisións en directo Astronomia w Twoim domu (Astronomía en Casa): Actividades especiais durante o confinamento foron desenvolvidas pola Sociedade Astronómica Polaca. Charlas sobre temas astronómicos interesantes de científicos e científicas que responden a preguntas da audiencia en directo. As emisións suceden a través de Facebook e YouTube os martes e xoves. Ligazón: https://www.facebook.com/PTA.astronomia

Serie de TV Astronarium: case 100 episodios sobre astronomía e o espazo emitidos entre 2015 e 2020. Dispoñíbel gratuítamente en YouTube. Algúns episodios teñen subtítulos en inglés. A comunidade global pode axudar coa tradución de subtítulos (do inglés ao teu idioma, contacta con redakcja@astronarium.pl). Ligazón: https://www.youtube.com/AstronariumPL

Zostań w domu z MOA (Queda na casa con MOA): Exercicios, clases e experimentos propostos por profesores do Observatorio Astronómico da Mocidade en Niepołomice. Ligazón: http://wdomu.moa.edu.pl

Máis material gratuíto en liña e actividades para a infancia, nesta ligazón: https://www.pta.edu.pl/astronomers-in-schools/online

11) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas

Tes interese en traducir o noso boletín ao teu idioma? Por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

O boletín é traducido aos seguintes idiomas:

-Tradución ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;

-Tradución ao portugués europeo elaborada por Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica (o último número do boletín está aquí).

-Tradución ao español, elaborada por Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Tradución ao galego, por Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Tradución ao italiano, feitas por Eleonora Piromalli, AstronomiAmo, de Italia, nesta ligazón: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last

-Tradución ao ruso, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astronómico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as últimas traducións do boletín aquí.

-Tradución ao francés, elaborada por Rulx Narcisse, da Sociedade Astronómica Haitiana, neste enderezo: https://haitiastronomie.blogspot.com/

12) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2020!

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.