Vermú astronómico solidario en Deilán Praia

Vermú astronómico solidario en Deilán Praia

Que: vermú solidario con actividades de astronomía diúrna, observación solar, obradoiro de planisferios etc, co obxectivo de recadar fondos en favor da refuxiada afgana Elnaz Osmani e a súa familia, que será acollida en Sobrado dos Monxes co apoio da asociación de mulleres rurais A Maristela. Máis información, no sitio web da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura.

Onde: no bar Deilán Praia en Santa Cristina de Cobres (Vilaboa, Pontevedra). Instagram + Facebook

Cando: o domingo 14 de agosto, de 13:00 a 15:00.