Obradoiro de planisferios e observación astronómica na Casa de Rosalía

Obradoiro de planisferios e observación astronómica na Casa de Rosalía

Que: Neste obradoiro montaremos un planisferio celeste e aprenderemos a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Todo o material necesario (modelo do planisferio, tesoiras e pegamento) achégao a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Actividade aberta a toda a familia. Ao rematar o obradoiro, se a meteoroloxía non o impide, desenvolveremos unha observación astronómica na horta da Casa de Rosalía para poñer en práctica o planisferio.

Onde: Casa de Rosalía (A Matanza, s/n, 15917 Padrón)

Cando: martes 27 de decembro a partir das 19:00