Aprende a recoñecer o ceo

Aprende a recoñecer o ceo

Que: saímos á rúa para que calquera persoa interesada coñeza mellor o ceo que podemos ver no noso país calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días, a través do material divulgativo achegado pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Actividade desenvolvida en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda para celebrar a súa reapertura no novo local do Circo de Artesáns (rúa Santo André, 36, 15003 A Coruña).

Onde: diante do Circo de Artesáns (rúa Santo André, 36, 15003 A Coruña).

Cando: sábado 28 de xaneiro ás 16:30.