O «raio verde», «destello verde» ou «green flash» é un fenómeno óptico real provocado pola difracción e dispersión das ondas electromagnéticas do espectro visible da luz (arco da vella) durante os amenceres e solpores. A cor verdosa correspóndese coas ondas de lonxitude de onda media, que brilla neses instantes. As outras cores presentes, vermellos, azuis e violetas con lonxitudes de onda máis longas e máis curtas anúlanse e só queda a característica cor verdosa.

SITUACION GEOGRÁ

Neste vídeo podedes ver coma a Sol provoca unha serie de raios verdes, sobre todo ao final, na parte de cámara lenta. Foi realizado a carón do banco máis bonito do mundo, nos marabillosos acantilados de Loiba (A Coruña); vemos en primeiro plano uns dos «aguillóns» de Cabo Ortegal. A distancia entre o aguillón de Cabo Ortegal e a ubicación dos acantilados de Loiba son uns 10km en liña recta como podedes ver na imaxe anterior.

[youtube https://www.youtube.com/watch?v=OpHkUIayOF0]

Os datos técnicos son os seguintes:

Cámara: nikon d750 en modo vídeo 1080p@60fps

Telescopio: TS optics 102ED con barlow 2X apo (1428mm de focal a f14)

Xavi Fonseca e Oscar Blanco (M1) falannos deste fenómeno: «Inmortalizando el rayo verde»

Tamén na wikipedia podedes ver máis detalles: Wikipedia «destello verde»

 

Alfredo Madrigal (M50)

2 Comments

  1. Amalia Rodríguez 25 de abril de 2016 at 14:29 02Mon, 25 Apr 2016 14:29:20 +020020.

    Muchas gracias! Al fin, una buena explicación y aún mejores imágenes … sobre todo después de haber salido algo en prensa sobre el RAYO VERDE. GRACIAS y saludos

  2. Alfredo Madrigal 25 de abril de 2016 at 14:38 02Mon, 25 Apr 2016 14:38:16 +020016.

    Gracias a ti Amalia! un saludo 😉