Location:Rúa das Pedreiras, 5, 27800 Vilalba

Upcoming events

  • 21/07/2026 10:00 - 21/07/2026 14:00

    Que? Obradoiro de caixas estenopeicas para aprender a observar o Sol de forma segura durante a eclipse do 12 de agosto. As persoas participantes construirán a súa propia caixa e coñecerán como se producen as eclipses solares.

    Onde? No Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba.

    Cando? Martes, 21 de xullo de 2026. Haberá dúas quendas: de 10:00 a 12:00 h e de 12:00 a 14:00 h.

    Como? Actividade con inscrición previa no Punto de Información da Casa do Concello ou no teléfono 982 51 03 05. As prazas son limitadas e os menores de 8 anos deberán acudir cunha persoa adulta. Se o tempo o permite, realizarase unha observación solar no exterior.