ArchivesSatélites

Actividades da sección infantil da Agrupación

Obradoiro de caixas estenopeicas no MUNCYT

Que? Obradoiro de caixas estenopeicas, unha actividade para aprender a observar o Sol de forma segura durante a eclipse do 12 de agosto. As persoas participantes construirán unha caixa estenopeica, un dispositivo sinxelo que permite proxectar a imaxe do Sol sen miralo directamente.

Onde? No MUNCYT Coruña, Praza do Museo Nacional de Ciencia, 1, A Coruña.

Cando? Mércores, 15 de xullo de 2026. Haberá dúas sesións: ás 16:00 h para público familiar, de 3 a 7 anos, e ás 18:00 h para público xeral, a partir de 8 anos.

Como? Actividade gratuíta con reserva previa ou en taquilla. Inclúe unha introdución ás eclipses solares, recomendacións básicas de seguridade e a construción dunha caixa estenopeica que cada participante poderá levar para usar o día da eclipse.

https://muncyt.es/actividades/taller-de-cajas-estenopeicas

Contacontos: O firmamento animado

Con motivo do solsticio de verán, celebramos un contacontos dirixido a público familiar e infantil, no que aprenderemos sobre o ceo nocturno a través de contos sobre constelacións que representan animais. Este contacontos está baseado no libro O firmamento animado, un material didáctico elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Casa das Ciencias, que nos transporta nunha viaxe máxica polo firmamento que vemos desde Galicia ao longo do ano.

Obradoiro infantil “movemento aparente do Sol”

As monitoras do grupo de traballo Satélites desenvolven esta actividade para a sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT).

Actividade gratuita con inscrición previa. 

Máis información:  http://www.muncyt.es/portal/site/MUNCYT/menuitem.8dbda8254659d9883c791a1801432ea0/?vgnextoid=1fb3977b756ce610VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=9ec5e42baddea410VgnVCM1000001d04140aRCRD

Obradoiro infantil “Astronomía e orientación”

Obradoiro infantil sobre orientación coas estrelas destinada a público entre 6 e 12 anos.

A actividade organizada polo MUNCYT coa colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío é de balde, mais require inscrición previa que poderá realizarse dende o 15 de novembro e, ata agotar entradas, no reservascor@muncyt.es y 689 578 727

Máis información: http://www.muncyt.es/portal/site/MUNCYT/menuitem.8dbda8254659d9883c791a1801432ea0/?vgnextoid=d81980d4f846e610VgnVCM1000001d04140aRCRD

Obradoiro infantil de Cine e Astronomía

Onde: Museo Nacional de Ciencia y Tecnología – Sede A Coruña (MUNCYT)

Entradas: reserva previa a través do correo reservascor@muncyt.es ou do teléfono 689 578 727.

Obradoiro no que coñeceremos o vínculo do cine nos seus inicios coa astronomía, veremos escenas de películas de ciencia-ficción e comentaremos como a través delas o ser humano imaxinouse e mostrou o espazo. Finalizaremos o obradoiro creando as nosas propias cámaras estenopeicas para coñecer un sistema pioneiro.

Máis información: http://www.muncyt.es/portal/site/MUNCYT/menuitem.8dbda8254659d9883c791a1801432ea0/?vgnextoid=8edbfc22d95bd610VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=9ec5e42baddea410VgnVCM1000001d04140aRCRD