ArchivesSatélites (obradoiros infantis)

Contacontos: O firmamento animado

Con motivo do solsticio de verán, celebramos un contacontos dirixido a público familiar e infantil, no que aprenderemos sobre o ceo nocturno a través de contos sobre constelacións que representan animais. Este contacontos está baseado no libro O firmamento animado, un material didáctico elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Casa das Ciencias, que nos transporta nunha viaxe máxica polo firmamento que vemos desde Galicia ao longo do ano.

Obradoiro infantil “movemento aparente do Sol”

As monitoras do grupo de traballo Satélites desenvolven esta actividade para a sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT).

Actividade gratuita con inscrición previa. 

Máis información:  http://www.muncyt.es/portal/site/MUNCYT/menuitem.8dbda8254659d9883c791a1801432ea0/?vgnextoid=1fb3977b756ce610VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=9ec5e42baddea410VgnVCM1000001d04140aRCRD

Obradoiro infantil “Astronomía e orientación”

Obradoiro infantil sobre orientación coas estrelas destinada a público entre 6 e 12 anos.

A actividade organizada polo MUNCYT coa colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío é de balde, mais require inscrición previa que poderá realizarse dende o 15 de novembro e, ata agotar entradas, no reservascor@muncyt.es y 689 578 727

Máis información: http://www.muncyt.es/portal/site/MUNCYT/menuitem.8dbda8254659d9883c791a1801432ea0/?vgnextoid=d81980d4f846e610VgnVCM1000001d04140aRCRD