ArchivesObservación do ceo

Observación guiada de Perseidas en Muras

Observación guiada das constelacións e obxectos visibles nesta noite, coincidindo co máximo das Perseidas. A meirande parte da observación dirixirase a ollo nú, se ben tamén daranse indicacións para observación con prismáticos. Aquelas persoas que dispoñan de prismáticos poden levar os seus particulares, se ben a Agrupación tamén levará algúns binoculares para préstamos compartido entre as persoas asistentes.

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío colabora co Concello de Muras na realización dunha actividade de observación de Perseidas. O Concello de Muras é destinto turístico Starlight dende 2020.

Conferencia e observación do ceo a simple vista na Casa de Rosalía

Conferencia e observación do ceo a simple vista e con prismáticos desde a horta da Casa de Rosalía en Padrón a cargo de Martin Pawley e Xabier Pérez Couto. Haberá unha única quenda, de 19:30 a 21:00, para explicar cuestións científicas sobre o ceo enriba das nosas cabezas, así como diferentes aspectos da cultura e as tradicións asociadas ao firmamento. Convidamos ás persoas que asistan a que traian os seus propios prismáticos, se dispoñen deles, para a observación de obxectos de ceo profundo.

Información útil: entrada libre, uso obrigatorio de máscara segundo as recomendacións COVID vixentes.