Obradoiro de elaboración de caixas estenopeicas para observar eclipses de forma segura, o sábado 4 de xullo. Haberá unha sesión para público de 3 a 7 anos ás 11:00 h e outra para maiores de 8 anos ás 12:30 h. Inscricións web desde o 27 de xuño ás 10:00 h.
ArchivesObradoiros
Obradoiro de planisferios
Aprende a usar un planisferio
Actividade na que as persoas asistentes levarán un planisferio de agasallo e aprenderán a usalo para recoñecer con el as constelacións que podemos ver no ceo de Galiza en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Ademais, daremos algunhas pistas para a observación da eclipse total de Sol que acontecerá na Coruña o 12 de agosto de 2026.
Obradoiro de planisferios
Obradoiro de planisferios e observación do ceo a simple vista cun grupo de persoas do Centro Ocupacional Pascual Veiga. Organiza GT Diversidade.
Obradoiro de planisferios na Biblioteca da Casa Consulado
Neste obradoiro montaremos un planisferio celeste e aprenderemos a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia.