Máis información: www.xxivcea.es e nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram).
ArchivesCursos, conferencias y charlas
Conferencia de Josefina Ling: “AstrónomAs en Galicia”
Conferencia sobre Antonia Ferrín Moreiras e outras mulleres astrónomas a cargo de Josefina Ling, profesora de astronomía na Universidade de Santiago de Compostela. O acceso será gratuíto mediante convites individuais que se repartirán a partir das 19:00 por orde rigorosa de chegada. Capacidade limitada e uso obrigatorio de máscara.
Conferencia sobre contaminación luminosa
Conferencia de Martin Pawley, coordinador do grupo de traballo de contaminación luminosa da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Salón de actos da Confraría de pescadores de Corme, ás 20:00.
Conferencia de Begoña Vila: «O Telescopio Espacial James Webb: mirando cara a atrás no tempo»
Conferencia de Begoña Vila Costas, enxeñeira principal de sistemas do Centro Espacial Goddard da NASA.
Conferencia de Olga Suárez: “O universo da man das pioneiras da astronomía”
Conferencia de Olga Suárez, astrofísica do Observatorio da Costa Azul (Francia).
Resumo: Se pensamos nos grandes personaxes que contribuíron a construír os nosos coñecementos do Universo, véñennos rapidamente á cabeza nomes de grandes homes… Mais houbo grandes mulleres? Somos capaces de citar algunha? Por que é tan difícil atopar estes nomes femininos? Durante esta charla revisaremos diversos aspectos dos nosos coñecementos actuais do Universo, apoiándonos nos descubrimentos feitos polas mulleres ao longo da historia.