A Xunta de Galicia, a través de Polos Creativos, organiza o vindeiro 16 de maio a xornada formativa “G2514005 – Astronomía sen etiquetas. Explorar o ceo desde os Polos creativos”, dirixida ao profesorado do sistema educativo non universitario galego. A actividade desenvolverase na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, e estará centrada no uso educativo da astronomía e nas posibilidades de levar este tipo de contidos ás aulas a través de propostas prácticas e recursos didácticos.

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío participará na xornada por partida dobre: pola mañá na mesa redonda de agrupacións astronómicas galegas, xunto con representantes de Sirio, Vega, Rías Baixas e Astrovigo, e pola tarde co obradoiro “Aprender mirando o ceo”, dedicado a explorar materiais didácticos e recursos manipulables para traballar a astronomía na aula.

As persoas interesadas poden consultar máis información e realizar a inscrición a través da plataforma FProfe. As prazas son limitadas.

👉 https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Código da actividade:
G2514005 – Astronomía sen etiquetas. Explorar o ceo desde os Polos creativos