“A nosa estrela: divulgación científica e cultural do Sol” foi un proxecto desenvolvido ao amparo do programa Cultura de Barrio do Concello da Coruña para achegar a astronomía e a observación segura do Sol á cidadanía, con eventos realizados en agosto de 2017 en diferentes barrios da cidade e coincidindo coa eclipse parcial de Sol visible dende A Coruña en 2017. A continuación podes atopar información e descargables do proxecto.
Materiais didácticos
ANE Exposición
Unha exposición de 8 paneis en tamaño de 778 mm x 1323 mm. A exposición está dispoñible para cesión gratuita a escolas, asociacións culturais ou sociais e entidades públicas. Descarga a exposición premendo aquí (PDF, 27 Mb).

ANE Moníptico
Moníptico sobre o Sol con información sobre a súa estrutura, datos fundamentais, distancias no sistema solar, esquema sobre a evolución estelar, fitos significativos no estudo e exploración solar e información sobre próximas eclipses. Descarga o moníptico aquí (PDF, 485 Kb).

ANE Mapa cultural
Un mapa mundi con dúas actividades que relacionan cultura e sol. Descarga o recurso aquí (PDF, 4 Mb).

ANE Bandeiras
Colección de bandeiras que fan alusión ao Sol, en diferentes representacións. Descarga o recurso aquí (PDF, 3 Mb).

ANE Libro de visitas
Este libro de visitas combina unha actividade de debuxo a través da observación do Sol, con unha recollida de opinións e valoracións das persoas participantes na actividade. Descarga o recurso aquí (PDF, 611 Kb).

ANE Fotografías
No desenvolvemento do proxecto realizáronse diversas actividades abertas ao público nos barrios da cidade da Coruña, que podes ver neste album do proxecto. Ademais, do día da eclipse parcial de Sol do 21 de agosto de 2017 hai un album específico da eclipse e como foi vivenciado pola poboación. Ademais, despois deste proxecto fixeronse diferentes observacións públicas do Sol que podes atopar en diferentes albumes no noso Flickr.

ANE Montaxe fotográfica
Vídeo del eclipse parcial de Sol de 2017 a través de una selección de fotografías. Puede verse en el YouTube de la Agrupación.

Imaxe visual

ANE Logotipo. Logotipo do proxecto dispoñible con fondo branco ou negro. Descarga os logotipos aquí (zip, 110 kb).
ANE Twitter. Imaxe visual para a rede social Twitter (X) con dobre estilo (formato portada e formato publicación). Descarga as imaxes estilo portada (zip, 3 Mb). Descarga as imaxes estilo publicación (zip, 1 Mb).
ANE Facebook. Imaxe visual para a rede social Facebook con dobre estilo (formato portada e formato publicación). Descarga as imaxes estilo portada (zip, 837 Kb). Descarga as imaxes estilo publicación (zip, 2 Mb).
ANE Instagram. Imaxe visual para a rede social Instagram. Descarga as imaxes aquí (zip, 3 Mb).
ANE Fotografías Backstage. Fotografías das persoas colaboradoras durante os procesos de formación, montaxe e peche das actividades desenvolvidas. Acceso ao album aquí.
Xestión e coordinación

ANE Proxecto. Descarga aquí (PDF, 419 Kb).
ANE Divulgación barrios. Descarga aquí (PDF, 2 Mb).
ANE Xestión. Descarga aquí (PDF, 960 Kb).
ANE Formación e coordinación. Descarga aquí (PDF, 292 Kb).