View Calendar
03/06/2026 18:00 - 20:00

A eclipse de sol, oportunidades educativas

Sede Nova Escola Galega
Address: Rúa Luís Freire, 5, baixo, Santiago de Compostela

Actividade formativa arredor da observación segura do Sol e das oportunidades educativas da eclipse solar do 12 de agosto de 2026. A sesión ofrecerá información e recursos para abordar a eclipse coa rapazada e incluirá a montaxe dunha cámara estenopeica para a observación indirecta do Sol.

Imparte: Denébola Álvarez-Seoane

Organiza: Nova Escola Galega

Colabora: Agrupación Astronómica Coruñesa Ío

Máis información: neg@neg.gal

Related upcoming events

  • 20/06/2026 11:00 - 20/06/2026 13:30

    Nesta sesión de divulgación achegarémonos á astronomía dun xeito claro e accesible, pensada para persoas sen coñecementos previos que queiran comezar a descubrir o ceo.

    Organiza: Asociación Cultural Adro de Vilaño

    Colabora: GT Divulgación e Proxectos da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío

  • 10/07/2026 19:00 - 10/07/2026 20:00

    Charla divulgativa dirixida ao público adulto, o venres 10 de xullo ás 19:00 horas. A sesión abordará as características e singularidades da eclipse solar prevista para o 12 de agosto de 2026. Inscrición web desde o 3 de xullo ás 10:00 h.